Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC sitúase entre as seis universidades do Estado con máis investigadoras nun ránking do CSIC

A clasificación, centrada na igualdade de xénero e baseada no índice de impacto científico, destaca 213 investigadoras da institución compostelá

O CSIC publicou un ránking que sitúa a USC como referencia estatal en número de investigadoras incluídas na clasificación
O CSIC publicou un ránking que sitúa a USC como referencia estatal en número de investigadoras incluídas na clasificación
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Coa vontade de potenciar o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 5, relativo á igualdade de xénero, o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) puxo en marcha en 2022 un ránking de investigadoras do Estado, que traballan tanto en institucións españolas como estranxeiras, en función do índice h2, obtido a partir do seu perfil público no ámbito de Google Académico e Openalex. A última edición desta clasificación, salienta un total de 213 investigadoras da USC, situando a institución compostelá no sexto chanzo a nivel estatal e á cabeza do SUG.

Os datos, recollidos entre o 20 e 30 de abril de 2026, son froito da análise das plataformas de acceso público e gratuíto (Google Scholar/Google Académico -GS-, ORCID e Openalex). A listaxe inclúe 12.100 perfís clasificados polo índice h en orde decrecente, e no caso de igualdade no devandito valor, considérase o número total de citas. O valor mínimo do índice h para ser incluída na listaxe é de 18.

No caso galego, a clasificación destaca tamén 162 investigadoras da UVigo e 23 da UDC. Ademais, no TOP3000 deste ránking a USC ten un total de 62 investigadoras, por 46 da Universidade de Vigo e 23 da Universidade de A Coruña.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620