Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acolle un concerto de gran formato con poemas de Manuel María, Rosalía e Celso Emilio

O Auditorio de Galicia será escenario o 30 de maio de ‘As rúas do vento ceibe’, unha proposta musical con orquestra, coros e solistas dentro da programación das Letras Galegas

Míriam Louzao presentou en Raxoi o concerto ‘As rúas do vento ceibe’, que se celebrará o 30 de maio no Auditorio de Galicia
Míriam Louzao presentou en Raxoi o concerto ‘As rúas do vento ceibe’, que se celebrará o 30 de maio no Auditorio de Galicia
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, presentou este luns no Pazo de Raxoi o concerto ‘As rúas do vento ceibe’, que se terá lugar o sábado 30 no Auditorio. Na rolda de prensa interviñeron tamén a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; o presidente da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, e a presidenta da Asociación Cultural Solfa, Lucía Carreira.

Trátase dunha proposta musical de grande formato que toma o nome dun libro do poeta Manuel María e que musicará poemas do escritor de Outeiro de Rei así como de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro.

Míriam Louzao convidou a achegarse a Compostela a persoas de todo o país para gozar deste espectáculo que é unha “mostra do mellor da nosa cultura” grazas ao esforzo de persoas e asociacións que “seguen facendo a nosa cultura forte e vizosa”.

Convites dispoñibles

Míriam Louzao apuntou que os convites para asistir ao espectáculo poderanse recoller a partir de mañá, martes 19, de xeito presencial na Zona C e online na web de Compostela Cultura. Tamén no Auditorio de Galicia desde unha hora antes do espectáculo en caso de quedar convites.

Pola súa banda, Natividade González, apuntou que “este concerto que nace como una homenaxe emocionante á nosa literatura, á nosa música e sobre todo á nosa identidade como país”, nun “diálogo fermoso entre a música, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel María”.

Repertorio de trece pezas

O proxecto, impulsado pola Fundación Manuel María, encargou ao compositor Xosé Carlos Seráns Olveira a creación musical a partir dos poemas 'd’As rúas do vento ceibe'. A iniciativa acabou configurando un repertorio de trece pezas, das cales once están baseadas en textos de Manuel María e as dúas restantes en versos de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro.

O concerto celebrarase o sábado 30 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, dentro da programación do Día das Letras Galegas.

A interpretación musical correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra, coa participación da mezzosoprano Julia Portela Piñón, e dun coro mixto integrado polo Coro de Cámara Thalassa de Marín, o Coro do Hospital de Lugo, o Coro Liceo de Vilagarcía, o Coro Solfa de Compostela e a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Participará tamén un coro xuvenil conformado polo IES A Xunqueira de Pontevedra, Voces da Terra Chá de Lugo e o Peque Coro in crescendo do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol. A dirección musical será de David Fiuza.

O concerto é unha iniciativa da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, a Asociación Cultural e Musical Solfa, Amigos da Ópera de Compostela e a Casa-Museo Manuel María.

A presidenta da Asociación Cultural Solfa agradeceu o apoio do Concello e da Deputación a este proxecto, que requiriu “moito traballo e esforzo” e chamou a veciñanza a asistir e gozar do concerto.

Tamén o presidente da Fundación Manuel María convidou a desfrutar desta proposta que mostra a vixencia e absoluta dos clásicos, que “falan do que somos e o que queremos ser como pobo”, á vez que da espazo ás formacións musicais e vocais actuais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620