Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago abre inscrición para dous campamentos de verán con actividades urbanas e de surf en Foz

O programa municipal de Xuventude ofrece prazas para o Compos-Acción, centrado en actividades culturais e deportivas na cidade, e para un campamento náutico dirixido á mocidade de 14 a 17 anos

A concelleira María Rozas presentou os programas de conciliación e lecer xuvenil para o verán en Santiago
A concelleira María Rozas presentou os programas de conciliación e lecer xuvenil para o verán en Santiago
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe os dous programas cos que o departamento de Mocidade quere “ofrecerlles unha alternativa lúdica que sexa atractiva para os rapaces e rapazas, e tamén facilitar a conciliación ás súas familias”. 

A tenenta de alcaldesa lembrou que este é o segundo ano no que a concellaría organiza un campamento urbano para nenos e nenas que finalizan a Educación Primaria, “nunha franxa de idade que habitualmente queda fóra doutras ofertas de conciliación, ainda que entendemos que segue sendo necesaria”. Nese sentido, María Rozas indicou que “queremos que as familias saiban que os seus fillos e fillas están atendidas e en contornas seguras, e sobre todo, o obxectivo é que os e as participantes desfruten, se relacionen con outros mozos e mozas, realicen actividades lúdicas e educativas, e non caian no uso abusivo das pantallas que adoita agravarse en épocas de vacacións”.

Compos-Acción, campamento urbano

O proxecto Compos-Acción tratará de promover valores como a igualdade, a tolerancia e a inclusión apostando pola creatividade a través de propostas artísticas relacionadas coa música, a fotografía ou a ficción sonora; as actividades deportivas; ou o mellor coñecemento de Santiago a través de diferentes visitas e excursións.

O campamento urbano está dirixido a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2009 e 2014, e ofértanse 50 prazas por quenda, o 10% para mozos e mozas con necesidades específicas de apoio. O epicentro do programa será o Centro Sociocultural da Trisca. As actividades desenvolveránse de 9.00 a 14.00 horas, se ben a entrada poderá realizarse a partir das 8.00 horas, e a saída terá ata as 15.15 horas.

O Compos-Acción celebrarase desde o 23 de xuño ata o 31 de xullo, e do 1 ao 5 de setembro, e as persoas participantes poderán inscribirse por semanas, quincenas ou mes completo. A inscrición, de balde, poderase realizar desde hoxe ata o 12 de xuño, a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. Cada persoa participante deberá ter un rexistro individual, ainda tratándose de irmáns, e no caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público.

Campamento de Surf en Foz

En canto ao campamento de surf en Foz desenvolverase entre o 1 e o 8 de xullo. O programa mesturará a práctica de deportes náuticos como surf, snorkel, kaiak, ou paddle board con outras actividades como o senderisimo. Trátase, polo tanto, dun campamento que require un importante esforzo físico.

O campamento está dirixido a mozos e mozas empadroados en Santiago, preferentemente con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos. Ofértanse 24 prazas, tres delas reservadas para derivacións por parte dos Servizos Sociais municipais, e de quedar vacantes atenderanse solicitudes doutras idades. O prezo da actividade será de 120 euros, 100 euros no caso das familias numerosas ou dos segundos irmáns inscritos.

A solicitude pode facerse desde hoxe e ata as 14.00 horas do 1 de xuño a través da sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. Cada un dos posibles participantes, ainda sendo irmáns, debe ter un rexistro individual e de haber máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620