Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Escola Municipal de Música de Santiago acolle un encontro con Esteban Batallán, trompeta principal da Chicago Symphony Orchestra

O músico galego ofrecerá unha charla o martes 19 de maio sobre excelencia artística e carreira profesional no Auditorio da Escola, con entrada libre ata completar aforo

Esteban Batallán participará nun encontro na Escola Municipal de Música de Santiago centrado na súa traxectoria internacional e na formación musical de alto nivel
Esteban Batallán participará nun encontro na Escola Municipal de Música de Santiago centrado na súa traxectoria internacional e na formación musical de alto nivel
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela celebrará o próximo martes 19 de maio ás 19.00 horas un encontro e faladoiro co trompetista Esteban Batallán, actual trompeta principal da Chicago Symphony Orchestra. A actividade estará centrada na excelencia artística, na preparación ao máis alto nivel e nos retos da carreira musical profesional, e terá lugar no auditorio do centro, con entrada libre ata completar aforo.

Natural de Barro (Pontevedra), Batallán é un dos intérpretes de referencia internacional no ámbito dos instrumentos de metal. A súa traxectoria profesional levouno desde as bandas populares galegas ata algunhas das formacións orquestrais máis prestixiosas do mundo, converténdose nun referente para as novas xeracións de músicos.

Esteban Batallán foi nomeado trompeta principal da Chicago Symphony Orchestra en 2019 por Riccardo Muti, tras desempeñar o mesmo posto na Hong Kong Philharmonic Orchestra durante a tempada 2018-2019 e na Orquesta Ciudad de Granada entre 2002 e 2018. Tamén exerceu como trompeta principal convidado na Real Orquesta Sinfónica de Sevilla e en formacións como a Orchestra del Teatro alla Scala e a Filarmonica della Scala.

Ao longo da súa carreira, colaborou con orquestras internacionais como a Royal Concertgebouw de Ámsterdam, Philadelphia Orchestra, Royal Philharmonic Orchestra ou Houston Symphony, entre outras, e actuou baixo a dirección de mestres como Zubin Mehta, Bernard Haitink, Riccardo Chailly ou Yannick Nézet-Séguin. Ademais, interpretou obras como solista e estreou composicións dedicadas a el, como “Mr. Batallán”, de Arturo Sandoval.

A súa formación iniciouse en Galicia, na Escola de Música do seu pobo natal, continuando no Conservatorio de Pontevedra, no Conservatorio Superior de Vigo e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. No ámbito docente, desenvolveu unha ampla actividade en institucións internacionais e actualmente forma parte do departamento de trompeta da DePaul University e da Civic Orchestra de Chicago.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620