Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Club de lectura Ámbito Cultural Santiago dedica a súa segunda sesión á novela de Arantza Portabales

A autora participará nun encontro aberto ao público arredor de 'Asasinato no muíño do cura'

Foto de archivo de libros
A sesión do Club de lectura Ámbito Cultural Santiago contará coa participación da escritora Arantza Portabales e estará moderada polo divulgador Miguel García-Fernández
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Club de lectura Ámbito Cultural Santiago celebrará a súa segunda sesión cun encontro, que terá lugar o 20 de maio ás 19.00 horas, centrado na novela 'Asasinato no muíño do cura' (Galaxia), publicada en castelán como 'Asesinato en el molino del cura' (Lumen), da escritora Arantza Portabales. A iniciativa busca fomentar a lectura, crear comunidade arredor dos libros e achegar a literatura contemporánea á cidadanía mediante encontros mensuais con autoras e autores de actualidade.

A sesión contará coa participación da propia Arantza Portabales, que manterá un diálogo aberto co público sobre a obra, as súas personaxes e o universo narrativo da saga 'Os crimes de Loeiro', protagonizada pola detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo. A novela aborda un crime oculto desde 1984 e un pacto de silencio entre veciños, nunha trama marcada pola memoria, a violencia soterrada e a investigación da verdade.

O club está moderado polo historiador e divulgador Miguel García-Fernández, coñecido nas redes sociais como @lectureo. Investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC–Xunta de Galicia), está especializado en historia medieval e historia das mulleres e desenvolve unha intensa actividade como mediador de lectura no ámbito cultural galego.

A proposta nace coa intención de consolidarse como un espazo cultural de referencia en Santiago de Compostela, aberto a lectoras e lectores de diferentes perfís a través de encontros participativos e análises literarias adaptadas á realidade cultural actual.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620