Os luns do Ateneo falan da loita polo poder mundial coa politóloga Ruth Ferrero
A conferencia abordará cuestións clave para comprender o escenario internacional contemporáneo

Este luns, 18 de maio, ás 19.30 horas, o Ateneo de Santiago celebrará na Rúa do Vilar, 19, unha nova sesión dos Luns do Ateneo coa conferencia 'O mundo en disputa: quen manda na xeopolítica do século XXI', que será impartida por Ruth Ferrero, profesora de Ciencia Política da Universidade Complutense de Madrid.
A cita ofrecerá unha análise sobre os principais actores, tensións e transformacións que están a redefinir o equilibrio de poder internacional nun contexto global marcado pola competencia estratéxica, os conflitos e os desafíos ás democracias.
A conferencia abordará cuestións clave para comprender o escenario internacional contemporáneo, dende a reconfiguración das relacións entre potencias ata o papel da Unión Europea, os movementos migratorios ou as consecuencias políticas das crises globais.
A traxectoria investigadora de Ferrero permitirá achegar unha visión especializada sobre os procesos que condicionan a política mundial e os retos que afrontan as sociedades democráticas nun tempo de crecente incerteza.
Ruth Ferrero-Turrión é Doutora Internacional en Ciencia Política e Relacións Internacionais, profesora no Departamento de Ciencia Política e da Administración da Universidade Complutense de Madrid e investigadora no Instituto Complutense de Estudios Internacionales.
Premio de Investigación en Estudos Europeos da Fundación Yuste en 2019, desenvolveu estancias en institucións académicas internacionais como Columbia University, London School of Economics ou o Instituto Universitario Europeo de Florencia. Especialista en xeopolítica, política exterior da Unión Europea, migración e crises democráticas, combina a súa actividade académica cunha presenza habitual como analista en medios de comunicación nacionais e internacionais.











