Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Volta Ciclista da Ascensión celebra este domingo a súa 25 edición con máis de 250 participantes

A tradicional proba deportiva percorrerá a contorna da Alameda compostelá durante toda a mañá e provocará cortes de tráfico en varias rúas da cidade

A carreira contará cun circuíto arredor da Alameda e cun tramo empedrado xunto ao Cruceiro do Galo que aumentará a dificultade para os ciclistas participantes
A carreira contará cun circuíto arredor da Alameda e cun tramo empedrado xunto ao Cruceiro do Galo que aumentará a dificultade para os ciclistas participantes
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Un ano máis volve unha cita deportiva tradicional dentro das Festas da Ascensión, a Volta Ciclista polas inmediacións da Alameda que congregará máis de 250 ciclistas na que será a súa 25 edición.

A concelleira de Festas e Deportes, Pilar Lueiro, convida a veciñanza a gozar deste evento, que se desenvolverá ao longo de toda a mañá deste domingo dende as 10.00 ata as 14.00 horas, dentro do programa festivo da Ascensión.

Percorrido

A carreira consta dun percorrido na contorna da Alameda compostelá con saída e chegada en Xoán Carlos I, que contará cun tramo empedrado de 300 metros, preto do Cruceiro do Galo, o que dará maior espectacularidade e dureza para os participantes.

A parte de habilidade e equilibrio para os máis pequenos transcorrerá en Carreira do Conde. A hora de inicio do evento será ás 10.00 horas e finalizará arredor das 14.00 horas, momento no que terá lugar a entrega de premios na mesma Alameda, coa participación de Pilar Lueiro.

Cortes de tráfico

Debido ao celebración deste evento deportivo, o domingo entre as 8.00 h e as 14.00 horas as rúas do percorrido sufrirán algunhas alteracións circulatorias.

A avenida de Xoán Carlos I e a rúa da Carreira do Conde quedarán pechadas ao tráfico, polo que os vehículos que suban pola avenida de Rosalía de Castro serán desviados pola rúa de Montero Ríos. Tampouco se poderá circular pola rúa do Pombal en sentido subida, polo que os vehículos procedentes da rúa das Galeras serán desviados cara á rúa de Poza de Bar.

Ademais, quedará prohibido o estacionamento na avenida da Coruña, avenida de Compostela así como o estacionamento de motos na rúa Xoán Carlos I.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620