Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Consorcio de Santiago pecha este luns o prazo de inscrición para as actividades da Semana da Administración Aberta

O programa, que se desenvolverá entre o 19 e o 22 de maio, permitirá visitar espazos patrimoniais, asistir a ensaios da Real Filharmonía de Galicia e coñecer o funcionamento interno da institución

Hórreo de la Finca de Vista Alegre durante los trabajos de restauración
As actividades organizadas polo Consorcio de Santiago inclúen visitas a espazos históricos, obras de restauración e entidades culturais xestionadas polo organismo
Consorcio de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O prazo para inscribirse nas actividades organizadas polo Consorcio de Santiago con motivo da Semana da Administración Aberta remata este luns 18 de maio. A iniciativa, impulsada internacionalmente pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), busca achegar a cidadanía ás administracións públicas e dar a coñecer o seu funcionamento e actuacións.

Baixo o lema “Ven e coñécenos!”, o organismo desenvolverá entre os días 19 e 22 de maio un programa de actividades gratuítas e abertas ao público, que permitirá coñecer de primeira man o labor do Consorcio na conservación do patrimonio, na rehabilitación arquitectónica e na promoción cultural en Santiago de Compostela.

Ao longo destes catro días, as persoas participantes poderán acceder a espazos de especial interese patrimonial e cultural, así como coñecer distintas actuacións impulsadas polo Consorcio en diferentes momentos da súa traxectoria. O programa inclúe a visita á Igrexa das Ánimas, onde o Consorcio acometeu en 2011 a restauración dos seus retablos; á obra de restauración do hórreo do Parque de Vista Alegre, actualmente en execución; e á Igrexa de Santa María de Conxo, onde está prevista unha futura intervención.

No ámbito cultural, as actividades inclúen a asistencia a ensaios da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia, así como unha visita á Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), ambas entidades xestionadas polo Consorcio, permitindo coñecer desde dentro o seu funcionamento e actividade musical.

Ademais, abriranse as portas da sede do Consorcio no Pazo de Vaamonde, edificio que foi residencia do doutor Vaamonde, coñecido médico compostelán que introduciu os raios X na cidade, achegando tamén á cidadanía a historia deste inmoble e a actividade institucional que acolle na actualidade.

As prazas son limitadas e é necesaria a inscrición previa a través do teléfono 981 57 47 00 ou do correo electrónico prensa@consorciodesantiago.org

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620