Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago abre o prazo para optar ás axudas culturais de 285.000 euros para 2026

O Concello apoiará proxectos do sector profesional e das asociacións culturais con subvencións de ata 45.000 euros

O Concello de Santiago abriu este mércores o prazo para solicitar as axudas culturais de 2026, cun investimento total de 285.000 euros destinado a entidades profesionais e asociacións culturais
O Concello de Santiago abriu este mércores o prazo para solicitar as axudas culturais de 2026, cun investimento total de 285.000 euros destinado a entidades profesionais e asociacións culturais
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago abriu o mércores 13 de maio o prazo de presentación de solicitudes para concorrer a algunha das dúas convocatorias da área de Cultura que apoian as actividades culturais para este ano 2026, por unha banda, do sector profesional, dotada con 250.000 euros; e por outra, das asociacións culturais, cun orzamento de 35.000 euros.

Ambas as dúas convocatorias foron publicadas este martes 12 de maio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), onde se establece que as actividades subvencionadas deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 20 de outubro de 2026. O prazo de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte desta publicación e será de 15 días naturais.

Axudas para o sector profesional

A convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2026 ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do Concello de Santiago de Compostela durante o ano 2026.

Para as entidades culturais profesionais o importe máximo da subvención para cada actividade será do 80% do seu orzamento cun límite máximo de 45.000 e 15.000 euros, respectivamente segundo a modalidade.

Entre outros criterios, as bases puntúan a promoción de valores como a inclusión, a igualdade e a visibilidade da colectividade LGTBI, así como a realización das actividades nos barrios e no rural compostelán.

Subvencións para asociacións culturais

Esta convocatoria de subvencións para asociacións culturais 2026 busca fomentar as actividades culturais organizadas polas asociacións culturais de Compostela durante este ano.

Estas actividades de carácter cultural deben desenvolverse en Santiago e ser abertas ao público. O Concello subvencionará ata o 80% do seu custo, cun máximo de 5.000 euros.

Con estas dúas convocatorias, que suman unha inxección económica de 285.000 euros, a Concellaría de Capital Cultural, que dirixe Míriam Louzao, busca impulsar a promoción de iniciativas e accións de carácter cultural proxectadas e desenvolvidas na cidade. As bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o pasado 27 de abril.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620