Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

ESTALMAT-Galicia busca novo talento matemático: últimos días para poder participar nas probas de selección

O programa elixirá 25 alumnos e alumnas para a súa 19ª promoción a través dunha proba que se celebrará o 30 de maio na Facultade de Matemáticas da USC

O proxecto ESTALMAT-Galicia mantén aberto ata o 25 de maio o prazo de inscrición para as probas de selección da nova promoción de alumnado con talento matemático
O proxecto ESTALMAT-Galicia mantén aberto ata o 25 de maio o prazo de inscrición para as probas de selección da nova promoción de alumnado con talento matemático
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

 Proxecto ESTALMAT-Galicia para a detección e estímulo do talento en matemáticas mantén aberto ata o 25 de maio o prazo para inscribirse nas probas de selección dos 25 alumnos e alumnas que conformarán a 19 promoción.

A proba, que terá lugar o 30 de maio, celebrarase unicamente na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e consistirá na resolución de cinco problemas de distinto tipo a resolver en 2 horas e media. A presidenta de Estalmat-Galicia, Elena Vázquez Cendón, preparará un vídeo nos vindeiros días que estará dispoñible na web da convocatoria, onde tamén se detallan as instrucións para o día da proba.

As probas corrixiraas de forma anónima un equipo de dez docentes, con dúas correccións independentes para cada problema, mentres que a preselección é feita polo conxunto do comité.

A lista dos preseleccionados farase pública na páxina web antes do 30 de xuño. Os primeiros 25 rapaces e rapazas preseleccionados e os seus pais/nais/titores serán convocados a unha entrevista persoal na que deberán adquirir o compromiso de acudir ás actividades do Proxecto, que terán lugar na Facultade de Matemáticas, con 3 horas por sesión, nas mañás dos sábados dos dous vindeiros cursos académicos, coa posibilidade de continuar un curso mais no Estalmat Pi (15 sesións).

Con esta iniciativa, trátase de detectar e prestar atención a nenos e nenas con talento, desenvolvendo aspectos que permitan axudar a pensar en matemáticas, resolver problemas e, en definitiva, gozar desta ciencia ao tempo que se detecta e canaliza o talento matemático para o seu mellor aproveitamento pola sociedade.

O programa supera xa as e os 5.150 estudantes que con 12 e 13 anos teñen participado nos últimos dezaoito anos para facer a proba de selección. Con esta promoción sumarán un total de 485 mozas e mozos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620