Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Carlos Toural Bran, novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación

O profesor foi elixido por unanimidade nunha xunta extraordinaria e estará acompañado por un equipo de vicedecanos das áreas de Xornalismo e Comunicación Audiovisual

O novo equipo decanal da Facultade de Ciencias da Comunicación estará liderado por Carlos Toural Bran e centrará o seu programa en mellorar a formación, a empregabilidade e a proxección social do centro
O novo equipo decanal da Facultade de Ciencias da Comunicación estará liderado por Carlos Toural Bran e centrará o seu programa en mellorar a formación, a empregabilidade e a proxección do centro
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O profesor Carlos Toural Bran vén de ser elixido novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación nunha xunta extraordinaria na que conseguiu o pleno dos 28 votos emitidos. Toural contará no seu equipo cos docentes da área de Xornalismo Ángel Vizoso García e Sara Pérez Seijo como vicedecanos, e con Roi Méndez Fernández, da área de Comunicación Audiovisual, como secretario.

Persoas, oferta académica e empregabilidade, infraestruturas e equipamento e proxección institucional e social do centro son os catro eixos do programa de goberno do novo decano, que aposta “por unha candidatura de continuidade e renovación, que quere coidar a comunidade universitaria, mellorar a formación e reforzar a presenza pública da facultade”.

No plano interno, Toural pon no centro o benestar de PDI, PTXAS e estudantado, con propostas de acollida, acompañamento, mellora da comunicación, reforzo dos recursos humanos e protocolos máis claros ante conflitos. Tamén insiste en adaptar a oferta académica ao novo escenario da comunicación, “marcado pola dixitalización, a intelixencia artificial e a converxencia de medios”, mediante un plan estratéxico de títulos, prácticas, microcredenciais e mellora da empregabilidade.

No plano material e externo, o novo decano propón modernizar instalacións, laboratorios e equipamentos para garantir unha docencia máis práctica e actualizada. Ao tempo, considera “esencial” aumentar a proxección social da Facultade con máis transferencia, divulgación, relación co sector profesional, apoio ás iniciativas do estudantado e actividades que conecten facultade e sociedade arredor de retos como a desinformación e o impacto da IA.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620