Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As Tanxugueiras darán comezo as festas da Ascensión cun evento especial

A programación inclúe concertos, feira cabalar, festas dos maiores, atraccións na Alameda e eventos como o Composfest e o Santiago 40 Pop entre o 12 e o 17 de maio

Tanxugueiras, en concierto
Tanxugueiras, en concierto
Archivo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Mondra, Tanxugueiras ou Alba Reche son algunhas das actuacións destacadas así como o concerto dos 40 e o Composfest. O Recinto Feiral de Amio acollerá a Festa das Persoas Maiores o sábado 16 e a popular Feira Cabalar durante a xornada do xoves da Ascensión. Complétase o programa coas atraccións na Alameda, instaladas xa desde este venres 8 e que se manterán ata o luns 25 de maio, con horarios inclusivos sen ruído os días 8, 16 e 17 de maio de 17 h a 19 h. Tamén se mantén o Punto Lila, que estará instalado na Alameda do 13 ao 16, cun horario de atención de 20 h a 01 h.

Tanxugueiras abrirá as festas o martes 12, na praza do Obradoiro, cun espectáculo cheo de sorpresas no que o grupo presentará o seu novo disco.

O mércores 13 o Teatro Principal acolle a obra ‘Espiñas Rosas’ de ARTías Teatro ás 20 h. Na praza da Quintana dará comezo ás 21 h o Santiago 40 Pop. Xa ás 22 h na Alameda actuará a Orquestra América de Vigo.

O día grande da Ascensión, o xoves 14, comeza como é tradicional con alboradas e continuará cun concerto da Banda Municipal ás 12 h na praza da Quintana. Os cabezudos animarán a xornada a partir das 12.30 h e quen o prefira poderá ver a tradicional feira cabalar no recinto feiral de Amio. Xa pola tarde será o tempo do completo programa de Folk na rúa e da representación de ‘Esencia’, con Juan Echanove e Joaquín Climent ás 20.30 h no Teatro Principal.

O prato forte chegará ás 21 h na praza da Quintana con Mondra, cantareiro do que a concelleira de Festas amosou o seu convencemento de que a actuación “será un éxito”. Ademáis, na alameda estará a Orquestra Marbella.

O venres 15 chega outro clásico, o Composfest, ás 20.30 h na Quintana. Tamén actuará a Orquestra La Oca na Alameda. O programa do día complétase co XLIX Torneo da Chave, tamén na Alameda, e actuacións de corais en distintas localizacións durante toda a tarde.

O sábado 16 de maio será a xornada da Festas dos Maiores, do  Campionato Galego de Espada, da exposición de vehículos clásicos e contemporáneos FastLife Expomotor ou das escolas de baile tradicional nas prazas da zona vella e da Romaría das Flores en Belvís, con actividades para todos os públicos e xogos tradicionais. A praza da Quintana acollerá o concerto de Alba Reche, dentro do ciclo SON Estrella Galicia. Tamén actuará a Orquestra Atenas na Alameda.

O último día das festas, o domingo 17, celebrarase a XXV Carreira da Ascensión, outra tradición, neste caso a disciplina ciclista, e a Banda Municipal ofrecerá o concerto ‘A voz das Letras Galegas’. Tamén haberá alborada, e Latexo Percursión percorrerá ás rúas da Cidade. Continúan nesta xornada o FastLife Expomotor e a Romaría das Flores, que pecha a mediodía a súa programación.

O espectáculo ‘Circes e Morganas. Celebrando a Begoña Caamaño’ poñerá o ramo ás festas da Ascensión 2026 na praza da Quintana o domingo ás 20.30 h, presentado pola alcaldesa, Goretti Sanmartín.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620