Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O CorreSan 2026 volverá levar as carreiras populares a cinco barrios de Santiago

O circuíto de carreiras saudables celebrarase entre xuño e novembro con probas en Conxo, Cidade Vella, San Pedro e Angrois

A concelleira Pilar Lueiro presentou a duodécima edición do CorreSan, un programa deportivo aberto a todas as idades e niveis
A concelleira Pilar Lueiro presentou a duodécima edición do CorreSan, un programa deportivo aberto a todas as idades e niveis
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este venres a XII edición do Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2026 nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo; Javier Nicolás, xerente do Centro Comercial As Cancelas; Mario González, director comercial de Gonzacar; Miguel Anxo Nogueira, secretario do club colaborador Noitebra FC de atletismo; e Iván Pardal, secretario do club colaborador Atletismo Santiago.

“Como concelleira de Deportes, síntome profundamente orgullosa de ver como a nosa cidade se move, se coida e se acompaña. O deporte é saúde, si; pero tamén é convivencia, educación e futuro”, valorou Pilar Lueiro, e expresou o seu orgullo por “un evento que medra grazas ao traballo das entidades, dos clubs, do persoal organizador e, sobre todo, grazas ás  persoas que enchen as rúas de enerxía, esforzo e cor”.

A responsable municipal de Deportes detallou que a primeira carreira terá lugar no histórico Barrio de Conxo o sábado 6 de xuño e seguiranlle o 11 de xullo a nocturna da Cidade Vella, o 13 de setembro a Ruta dos Parques, o 10 de outubro a do barrio de San Pedro e finalmente o 14 de novembro en Angrois a carreira Ruta da Prata Memorial Manolo Moure.

Inscricións abertas

As inscricións están abertas e poden realizarse tanto individuais coma por clubs federados, equipos populares e centros escolares. As persoas interesadas poden inscribirse online a través da páxina Carreiras Galegas.

A concelleira convidou a todas e a todos os composteláns a participar na primeira carreira CorreSAN no histórico Barrio de Conxo, “porque correr é vivir Compostela dun xeito diferente”, defendeu.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo agradeceu o apoio do Concello de Santiago a este deporte e destacou a utilidade do CorreSan para iniciar a moitas persoas nas carreiras. Iván Sanmartín subliñou que se trata dun circuíto saudable adaptado a todas as categorías, con distancias que oscilan entre os 4,5 km e os 5,5 km, e amosou o seu convencemento de acadar o nivel de popularidade da pasada edición, cando case todas a probas superaron os mil inscritos. “Ten todos os ingredientes para que este circuíto volva ser un éxito”, afirmou.

Na mesma liña, Javier Nicolás lembrou que ao longo da súa historia o CorreSan suma xa máis de 5.000 participantes e consolídase como “unha aposta de cidade”

Iván Pardal agradeceu a participación de todas as persoas voluntarias e apoio da Administracións nesta “festa do running e do deporte”  na que, segundo resaltou, “da igual a idade e a condición física e o importante é poñerse o dorsal e comezar”.

Miguel Anxo Nogueira puxo o foco nos beneficios para a saúde, tanto física como mental, e na dimensión social deste circuíto, do que resaltou tamén a emoción de que este ano vaia rematar cun Memorial Manolo Moure, en homenaxe ao presidente no club Noitebra falecido o pasado ano.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620