Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As aulas de xogo e as 'Cativadas de verán' reforzan a programación infantil dos centros socioculturais

A rede de CSC ofrecerá en xullo actividades gratuítas de ocio e convivencia para nenos e nenas en barrios e parroquias de Santiago

A rede de Centros Socioculturais de Santiago reforzará este verán a súa programación infantil con actividades de ocio, convivencia e creatividade en once centros da zona urbana e rural
A rede de Centros Socioculturais de Santiago reforzará este verán a súa programación infantil con actividades de ocio, convivencia e creatividade en once centros da zona urbana e rural
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A rede de Centros Socioculturais reforza a súa oferta para o público infantil durante o verán, co obxectivo de garantirlles aos nenos e nenas un tempo de lecer enriquecedor e de calidade. Faino con dúas propostas que hoxe presentou o concelleiro Xan Duro. Por unha banda, as cinco aulas de xogo dos CSC estarán abertas en horario de mañá durante o mes de xullo, e pola outra, once centros socioculturais da zona urbana e do rural acollerán unha nova edición das “Cativadas de verán”.

Xan Duro explicou que a rede de Centros Socioculturais vén sendo “o espazo de referencia para moitos nenos e nenas de Santiago durante as vacacións de verán, un lugar para divertirse, para aprender, para facer comunidade con outras crianzas do mesmo barrio, e queremos reforzar iso con esta programación”. Niso incidiu tamén Mati Pérez, técnica do departamento de Centros Socioculturais, que explicou que o obxectivo é “ofrecerlles aos rapaces e rapazas unha oportunidade de ocio e convivencia, que permita tamén coñecer mellor os recursos que teñen ao seu dispor nos seus barrios”.

Aulas de xogo abertas

Durante o mes de xullo, as cinco aulas de xogo da rede de Centros Socioculturais (Santa Marta, Fontiñas, Vite, Conxo e Castiñeiriño) mudan o seu horario e estarán abertas polas mañás, de 9.30 a 14.30 horas. As aulas manterán o seu funcionamento habitual, pero cunha programación máis ampla, deseñada de maneira específica para cada barrio. Nela aproveitaranse recursos dos propios centros socioculturais como as bibliotecas ou as aulas de informática, e tamén outros espazos dos barrios como os parques. As actividades promoverán a convivencia entre os nenos e nenas participantes, con propostas relacionadas coa educación ambiental, a creatividade, a educación en valores ou o xogo.

A asistencia ás aulas de xogo é de balde e non será precisa inscrición previa.

Cativadas de verán

Ademais das aulas de xogo, durante o mes de xullo desenvolveránse as chamadas “Cativadas de verán” nun total de once centros socioculturais, sete deles do rural e outros catro da zona urbana.

Nas parroquias, o programa chegará aos centros de Lavacolla, Laraño, Nemenzo, con 20 prazas en cada un deles; e aos CSC de A Gracia, Bando, Figueiras e Marrozos, con 30 prazas en cada un deles. En canto ao ámbito urbano, haberá “Cativadas de verán” en Pontepedriña (25 prazas), Romaño (20 prazas), e no Ensanche (29 prazas). Neste último centro sociocultural, 9 das prazas son para rapaces e rapazas de entre 13 e 15 anos, para un obradoiro monográfico de creación de xogos en liña.

O programa diríxese a nenos e nenas a partir dos 5 anos, e está deseñado con actividades de tempo libre que xirarán en torno a unha temática concreta en cada un dos centros, desde o mundo celta ata a ecoloxía.

Para participar nas “Cativadas de verán” é precisa inscrición previa, a través da sede electrónica do Concello de Santiago ou nos diferentes centros socioculturais. O prazo de preinscrición será do 11 ao 20 de maio, e o 25 de maio publicarase o listado provisional de nenos e nenas admitidas. A actividade será de balde.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620