Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC pecha o proxecto europeo R2CU co foco posto nas universidades circulares

O encontro internacional reuniu en Santiago especialistas de varias universidades europeas para avanzar en modelos de campus máis sostibles

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais acolleu a xornada final do proxecto R2CU, financiado por EUniWell, no que a USC coordina investigacións sobre economía circular e sustentabilidade universitaria
A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais acolleu a xornada final do proxecto R2CU no que a USC coordina investigacións sobre economía circular e sustentabilidade universitaria
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O proxecto internacional Roadmap to Circular Universities (R2CU) baixou o pano este venres 8 na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. Esta é unha iniciativa financiada por EUniWell que sitúa a Universidade de Santiago de Compostela no centro do debate europeo sobre sustentabilidade, economía circular e transformación ecolóxica dos campus universitarios.

A actividade constituíu o evento final dun ano de traballo colaborativo entre universidades europeas para avanzar cara a modelos de campus máis sostibles e circulares. O proxecto R2CU está dirixido pola catedrática de Dereito Administrativo Alba Nogueira López e polo profesor Beltrán Puentes Cociña, investigadores do Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS) e da Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social (Armela).

O equipo investigador está integrado por persoal académico, técnico e investigador de catro universidades europeas: ademais da USC, participan as universidades de Colonia, Birmingham e Murcia, configurando unha rede internacional de intercambio de boas prácticas sobre sustentabilidade universitaria.

A xornada buscou presentar os principais resultados do proxecto, centrado en analizar como aplicar os principios da economía circular no contexto universitario, tanto na xestión de recursos e residuos como nas políticas institucionais, a docencia e a implicación do estudantado. O obxectivo final é elaborar unha folla de ruta que sitúe ás universidades europeas como actores de referencia na transición circular.

O encontro reúne na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais especialistas das universidades participantes e tamén responsables destacados da xestión da sustentabilidade en institucións públicas e académicas. Así, a primeira sesión estivo dedicada ás estratexias institucionais para universidades circulares, coa participación de Gumersindo Feijóo Costa, director do CRETUS; Débora Domingo Calabuig, vicerreitora de Desenvolvemento Sostible do Campus da Universidade Politécnica de Valencia; e Íñigo Aizpuru Llanos, técnico de economía circular do Basque Circular HUB de IHOBE, a sociedade pública de xestión ambiental do Goberno Vasco.

Nunha segunda sesión déronse a coñecer casos de estudo desenvolvidos en universidades europeas sobre reparación de equipos electrónicos, reciclaxe de metais, redución de residuos de papel e reutilización da auga, amosando experiencias concretas de innovación ambiental no ámbito universitario. A xornada pechouse coa presentación do proxecto europeo CirculEC, centrado no desenvolvemento de currículos e módulos docentes innovadores en economía circular, da man de Ángeles Pereira Sánchez, profesora de Economía Aplicada da USC.

Trátase, en definitiva, dun foro internacional que converte a USC nun punto de encontro europeo para debater como deben transformarse as universidades ante o reto climático, reforzando o papel da institución compostelá como referente en investigación e innovación en economía circular e sustentabilidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620