Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago inaugura a exposición polos 60 anos de Mercasa e da Rede de Mercas

A mostra poderá visitarse ata o 29 de maio no CSC do Ensanche e inclúe un espazo dedicado á traxectoria de Mercagalicia

A exposición itinerante repasa a evolución de Mercasa desde 1966 e destaca o papel da Rede de Mercas no abastecemento alimentario e na distribución de produtos frescos
A exposición itinerante repasa a evolución de Mercasa desde 1966 e destaca o papel da Rede de Mercas no abastecemento alimentario e na distribución de produtos frescos
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Centro Sociocultural do Ensanche acolle desde hoxe a exposición 'Mercasa, desde 1966 ao servizo da cadea alimentaria', que percorre os 60 anos de historia da empresa pública e o seu papel vertebrador coa Rede de Mercas, a maior rede pública de mercados maioristas do mundo, presente en 24 cidades do Estado, entre elas Santiago. A mostra foi inaugurada este mediodía polo presidente de Mercasa, José Miñones, o concelleiro de Centros Socioculturais e Mercados, Xan Duro, e a directora xerente de Mercagalicia, Belén Hernández.

A mostra, de carácter itinerante, inicia o seu percorrido en Santiago, e poderá visitarse ata o próximo 29 de maio no Centro Sociocultural do Ensanche. A través de paneis informativos e diferente material gráfico, a exposición repasa a evolución de Mercasa desde a súa creación en 1966, destacando a súa vocación de servizo público e a súa contribución ao correcto funcionamento da cadea alimentaria, así como os retos actuais e futuros do sector. Mercagalicia, empresa participada polo Concello de Santiago e por Mercasa, conta cun panel especial dentro da exposición, dedicado á súa traxectoria e ao seu papel dentro da Rede.

Durante o acto, o presidente de Mercasa subliñou a estreita colaboración co Concello de Santiago de Compostela e puxo en valor o traballo conxunto entre institucións para afrontar os desafíos de futuro da distribución alimentaria, apostando pola eficiencia, a sustentabilidade e o servizo á cidadanía. Pola súa banda, o concelleiro Xan Duro felicitou a Mercasa pola súa traxectoria ao longo de seis décadas, destacando a importancia de que Mercagalicia forme parte activa da Rede de Mercas, como elemento clave do sistema alimentario en Galicia e no conxunto do país.

Con esta exposición, Mercasa reforza o seu compromiso coa divulgación da súa historia e o seu papel estratéxico no abastecemento alimentario, achegando ao público xeral o valor dunha rede que é esencial para o funcionamento diario das cidades e o acceso a alimentos frescos e de calidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620