Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Museo do Pobo Galego dedica unha mostra bibliográfica a Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas

A exposición percorre a figura da xornalista e escritora viguesa e a súa obra desde unha perspectiva feminista

Begoña Caamaño
A Biblioteca do Museo do Pobo Galego acolle unha mostra bibliográfica dedicada a Begoña Caamaño
Archivo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

No marco da programación do Museo do Pobo Galego polo Día das Letras Galegas, a Biblioteca organiza, como cada ano, unha mostra bibliográfica dedicada á persoa homenaxeada. Nesta edición, a exposición estará centrada na figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño, e poderá visitarse ata o 29 de xuño de 2026 no claustro baixo do propio museo.

A autora viguesa é a décimo cuarta muller homenaxeada nesta celebración, incorporándose así a unha relación de figuras destacadas como Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta e as cantareiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Teresa García, Asunción Garrido, Prudencia Garrido e Manuela Lema.

Na súa produción literaria, especialmente nas novelas 'Circe ou o pracer do azul' (2009) e 'Morgana en Esmelle' (2012), saliéntase un revisionismo crítico do canon literario desde unha óptica feminista, que se converte nun dos eixos fundamentais da súa obra.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620