O III Aberto de Pickleball reunirá en Roxos a un cento de xogadores de Galicia e Portugal
O torneo das Festas da Ascensión disputarase esta fin de semana con competicións individuais e por parellas en categorías absoluta, júnior e veteranos

O III Aberto de Pickleball terá lugar esta fin de semana en Roxos dentro da programación das Festas da Ascensión e será o motivo polo que cerca dun cento de xogadoras e xogadores de Galicia e Portugal achegaranse a cidade compostelana.
O torneo disputarase o sábado 9 e domingo 10 dentro do horario de 9.00 a 21.00 horas. Ademais, a competición desenvolverase nas categorías individual (feminina e masculina), dobres (feminina, masculina e mixta), absoluta, júnior e veteranos +50.
Competirán xogadoras e xogadores na súa maioría de Santiago de Compostela e tamén procedentes de distintas localidades galegas e de Portugal. O aberto dispútase no centro deportivo D'Ocio, Silvouta 89, en Roxos.
A concelleira de Festas e Deportes, Pilar Lueiro, anima a toda a veciñanza a gozar do III Aberto de Pickleball Festas da Ascensión e que está organizado polo Club de Tenis Camiño Stellae coa colaboración do Concello de Santiago.












