Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O FunFunFun celebra a súa VIII edición na Casa das Máquinas como referente da autoedición

O festival reunirá proxectos de Galicia, Cataluña, Euskadi e Portugal e incluirá feira, concertos, faladoiros e actividades de creación

O Concello de Santiago presentou a nova edición do FunFunFun, que se celebrará o 6 de xuño na Casa das Máquinas
O Concello de Santiago presentou a nova edición do FunFunFun, que se celebrará o 6 de xuño na Casa das Máquinas
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Casa das Máquinas acollerá o próximo 6 de xuño a VIII edición do Festival FunFunFun, consolidado como un espazo de referencia para a autoedición e a banda deseñada independente. A feira, que reunirá proxectos de Galicia, Cataluña, Euskadi e Portugal, conta co apoio do Concello de Santiago, a través das concellarías de Xuventude e Centros Socioculturais.

A concelleira de Xuventude, María Rozas, e o edil de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentaron a VIII edición do FunFunFun acompañados por Neves Rodríguez e Manuel Barreiro, en representación da organización do evento. A tenenta de alcaldesa mostrou a súa satisfacción “pola consolidación dun festival que conecta especialmente cos intereses da mocidade e que fomenta a súa creatividade e unha forma de ocio alternativo”. María Rozas puxo tamén en valor a oportunidade que supón o evento “para reivindicar a cultura e a creación independentes, e para reforzar os lazos e o intercambio cultural con Portugal e nesta edición tamén con Cataluña e Euskadi”.

Pola súa banda, o concelleiro de Centros Socioculturais salientou que este ano a rede “pón en marcha actividades complementarias previas ao festival, co obxectivo de achegar a arte gráfica a públicos diversos, desde a infancia ata a mocidade. Xan Duro explicou que o próximo sábado comezarán na rede de CSC obradoiros dirixidos a público infantil e mozo “co obxectivo de poñer en valor o cómic non só como forma de lecer, senón tamén como recurso creativo que estimula a imaxinación, e de reivindicar a programación cultural en espazos de proximidade como son os centros socioculturais,

Neves Rodríguez agradeceu a colaboración do Concello, e salientou que “o FunFunFun é unha festa pero tamén un espazo de reflexión e de colaboración entre creadores”. Neste sentido, puxo o exemplo do cartel desta edición, unha obra do recoñecido ilustrador e muralista Elías Taño, afincado en Valencia, que tamén participou na feira nunha edición anterior.

Programa

Manuel Barreiro encargouse de debullar a programación do FunFunFun, que se desenvolverá na Casa das Máquinas o 6 de xuño, desde as 11.00 horas. O eixo central da xornada será a feira de autoedición, que reunirá proxectos de Galicia, Cataluña, Euskadi e Portugal “reforzando os vínculos culturais e o intercambio artístico, e tamén enriquecendo a diversidade do evento”.

Ademais, o festival complétase con diferentes propostas de ocio e reflexión ao redor da cultura independente. Así, pola mañá haberá unha sesión de rol dirixida por Xulián Pintos; un concerto sorpresa, e unha sesión vermú a partir das 13.30 horas con Saibran DJ. A tarde será para o intercambio de ideas, cun encontro entre o asociacionismo de Galicia e Portugal con Laura Romero, da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, e Júlio Dolbeth, da Facultade de Belas Artes da Universidade do Porto. Tamén está previsto un faladoiro co ilustrador lisboeta José Feitor, que dará paso a unha das actividades máis agardadas no FunFunFun: o combate de debuxantes que estará presentado por Leandro Barea e Alberto Guitián. O festival rematará co concerto de Faul, a partir das 21.30 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620