Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Danza, circo e humor para o público familiar esta fin de semana en Compostela

A Tropa C leva ao Auditorio de Galicia e á Casa das Máquinas dous espectáculos para nenos e nenas a partir de 3 e 7 anos, con propostas que combinan imaxinación, acrobacias e reflexión

As funcións de Anónimos (sábado) e Tavole (domingo) celebraranse ás 18.00 horas con entrada desde 3 euros ou de balde ata completar capacidade
As funcións de Anónimos (sábado) e Tavole (domingo) celebraranse ás 18.00 horas con entrada desde 3 euros ou de balde ata completar capacidade
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A programación d’A Tropa C, o universo que Compostela Cultura dirixe ao público familiar, suma esta fin de semana dúas novas propostas escénicas que convidan a explorar a imaxinación, o xogo e a creación contemporánea desde idades temperás. O sábado 9 e o domingo 10 de maio, o Auditorio de Galicia e a Casa das Máquinas converteranse en escenarios de encontro para familias que buscan experiencias culturais compartidas.

A primeira cita será o sábado 9 de maio ás 18.00 horas no Auditorio de Galicia con 'Anónimos', da compañía Rauxa Cía. Con dirección e dramaturxia de Xavi Sánchez e interpretación de Analía Serenelli, trátase dun espectáculo de danza e circo contemporáneo, sensible e poético, que nos mergulla no subconsciente dunha muller que crea, a través do papel, unha realidade paralela onde refuxiarse. Cunha coidada posta en escena que combina acrobacias, equilibrios e manipulación de obxectos e marionetas, a peza constrúe un universo fráxil e traxicómico arredor da memoria e deita unha ollada distinta sobre a soidade. Cunha duración aproximada de 45 minutos, diríxese á rapazada de 7 anos en diante.

Ao día seguinte, o domingo 10 de maio ás 18.00 horas, a Casa das Máquinas acollerá 'Tavole', da compañía Zirko Txosko, unha proposta dirixida por Aritza Rodríguez e cun elenco integrado por Ariñe Azkue e Óscar Páez,  recomendada a partir de 3 anos. O espectáculo combina acrobacias e humor para narrar relatos e experiencias cotiás mesturadas coa fantasía. Cunha linguaxe escénica propia, tece unha experiencia delicada e sorprendente para dar a ver que a solución a moitos dos problemas da sociedade actual está na convivencia, a comunicación e o respecto. A función será de balde até completar capacidade.

Estas dúas propostas intégranse na filosofía de A Tropa C, que aposta por achegar as artes escénicas á infancia desde a diversidade de linguaxes e formatos, favorecendo o acceso á cultura como espazo de encontro, aprendizaxe e goce compartido.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620