Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC acolle unhas xornadas sobre utopías urbanas e o futuro das cidades

Investigadores internacionais analizan en Santiago proxectos non realizados e novos modelos urbanos fronte ás crises económicas, ambientais e dixitais

La Facultad de Geografía e Historia de la USC, donde se llevará a cabo la intervención de restauración y reforma adjudicada por el Consorcio de Santiago
As sesións, organizadas polo Seminario de Futuros Urbanos, celébranse os días 7 e 8 de maio na Facultade de Xeografía e Historia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Seminario de Futuros Urbanos organiza os días 7 e 8 de maio na Facultade de Xeografía e Historia as xornadas ‘Novas visións urbanas. A pegada das utopías na cidade actual’ en colaboración con Arsogal.

Nun contexto de profundas incertezas vencelladas á sucesión das crises económicas e ambientais recentes, faise precisa a reflexión sobre as transformacións dos espazos urbanos e das cidades que lles permitan responder a estes desafíos contemporáneos e recuperar o seu carácter de espazos de vida atractivos e desexados.

Estas xornadas procuran amosar os resultados sobre as investigacións de diferentes proxectos arquitectónicos e urbanos contemporáneos soñados para os espazos urbanos galegos e que non chegaron a desenvolverse. Unha serie de investigadores e investigadoras de recoñecido prestixio internacional reflexionarán sobre as diferentes dimensións do pensamento utópico centrado nos nosos espazos urbanos.

Afondarase na cuestión do estudo das utopías arquitectónicas e as tendencias observadas na concepción e deseño de proxectos que están marcados polo emprego das ferramentas nacidas na acelerada revolución das tecnoloxías dixitais. Trataranse asemade as novas visións e aproximacións ás cuestións urbanas derivadas das transformacións na dimensión afectiva e emocional que esta mediada pola expansión da dixitalización.

Por outra banda, abordaranse as utopías da gobernanza urbana para imaxinar modelos alternativos para a regulación da economía de plataformas características da fase do capitalismo financeirizado. Finalmente, ofrecerase unha discusión aberta á cidadanía e aos axentes urbanos sobre a necesidade de fomentar diferentes modos de pensamento utópico especulativo en común, para desenvolver novas visións urbanas que nos conduzan a cidades e espazos urbanos máis xustos e vivibles no futuro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620