Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Facultade de Matemáticas acolle un congreso internacional en homenaxe a Enrique Macías Virgós

A conferencia 'Differential, Algebraic and Combinatorial Topology' celebra o 70 aniversario do catedrático da USC e a súa traxectoria na investigación topolóxica

A reitora da USC, Rosa M. Crujeiras, inaugurou na Facultade de Matemáticas a conferencia internacional dedicada ás contribucións científicas de Enrique Macías Virgós
A reitora da USC, Rosa M. Crujeiras, inaugurou na Facultade de Matemáticas a conferencia internacional dedicada ás contribucións científicas de Enrique Macías Virgós
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Facultade de Matemáticas acolle a conferencia ‘Differential, Algebraic and Combinatorial Topology’ en recoñecemento ás contribucións matemáticas do profesor da USC Enrique Macías Virgós no seu 70 aniversario. A cita científica inaugurouna este xoves a reitora da USC e profesora nese centro, Rosa M. Crujeiras, para quen “falar de Enrique Macías é falar de dedicación na súa máxima expresión: dedicación á investigación, á docencia e ao servizo académico”.

Tras facer un percorrido pola carreira do docente homenaxeado, Crujeiras destacou del “o seu compromiso coa divulgación do coñecemento máis alá do ámbito académico”, demostrando deste xeito unha “profunda convicción no valor social das matemáticas e a importancia de facer que o coñecemento sexa accesible para todos”.

Enrique Macías Virgós é catedrático de universidade na área de Xeometría e Topoloxía na USC, onde se doutorou en 1983 cunha tese centrada na cohomoloxía de variedades foliadas. Ao longo da súa traxectoria académica desenvolveu unha intensa actividade docente, impartindo materias fundamentais de topoloxía e contribuíndo á formación de novas xeracións de especialistas mediante a dirección de teses de doutoramento neste ámbito.

No eido investigador, o seu traballo sitúase na topoloxía alxébrica, a teoría de Morse, as foliacións e a xeometría diferencial, cunha produción científica ampla e sostida en revistas internacionais de prestixio. Participou e liderou numerosos proxectos de investigación, incluíndo colaboracións a nivel europeo, e contribuíu de maneira decisiva á consolidación da investigación topolóxica en Galicia.

Ademais, ao longo da súa carreira desempeñou diversos cargos, como decano da Facultade compostelá e xefe de Departamento, e participa na Real Sociedade Matemática Española e na Sociedade Matemática Europea, achegando importantes iniciativas europeas vinculadas a Zentralblatt MATH.

A investigación topolóxica en Galicia

A investigación en topoloxía en Galicia goza dun amplo recoñecemento grazas a unha traxectoria sostida de resultados de gran nivel e a unha presenza constante e firme nas achegas académicas ao longo do tempo. Neste contexto, o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) incorpora nas súas liñas estratéxicas o impulso á investigación e á formación do seu persoal neste campo de estudo.

O comité organizador do ‘Differential, Algebraic, and Combinatorial Topology - A conference honoring the mathematical contributions of Enrique Macías Virgós, celebrating his 70th birthday’ está formado por Isaac Carcacía Campos, Antonio Gómez Tato, Pedro Martín Méndez e Ángel Méndez Vázquez, de USC-CITMAga; María José Pereira Sáez, de UDC-CITMAga, e Esperanza Sanmartín Carbón e David Mosquera Lois, da UVigo.

O encontro está organizado coa colaboración do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), a Facultade anfitrioa, a Rede Española de Topoloxía e a Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620