Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Certame de Teatro Intercentros celebra 30 anos coa súa gala final no Teatro Principal

O alumnado de varios centros educativos participa na clausura dunha iniciativa que reforza o teatro como ferramenta pedagóxica e cultural

Teatro Principal de Santiago
O certame cumpre tres décadas promovendo o teatro escolar en Santiago como instrumento educativo para desenvolver habilidades comunicativas, artísticas e emocionais
Compostela Cultura
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Educación e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros escolares de Santiago e comarca, organiza o Certame de Teatro Intercentros.

As últimas funcións escolares deste certame terán lugar na xornada deste mércores 6, coa participación dos colexios Raíña Fabiola, Pío XII e A Ramallosa. Xa pola tarde está prevista a celebración da Gala do 30 Aniversario do Teatro Intercentros, un acto especial no que se porá en valor a traxectoria histórica desta iniciativa educativa e cultural e o recoñecemento a todos os centros participantes ao longo das diferentes edicións, como memoria colectiva desta experiencia compartida.

Así mesmo, realizarase unha posta en valor das obras presentadas nesta edición polo alumnado de educación primaria e secundaria, culminando cun recoñecemento colectivo á implicación da comunidade educativa.

A gala celebrarse a partir das 17.30 horas no Teatro Principal e contará coa presenza da alcaldesa de Santiago e da concelleira de Educación.

A Concellería de Educación de Santiago de Compostela, que dirixe Míriam Louzao, considera fundamental o apoio a este certame, entendendo o teatro como unha ferramenta educativa clave nun contexto cada vez máis dixitalizado, no que resulta esencial fortalecer as competencias comunicativas, artísticas e emocionais do alumnado.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620