Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Obra Social de Pediatría protagoniza a nova edición de '12 Comercios, 12 Sensibilidades'

A iniciativa visibiliza o labor do CHUS a través de accións solidarias en Doña Camiseta durante todo o mes

A campaña promove a divulgación do traballo da Obra Social de Pediatría e a recadación de fondos mediante actividades solidarias e participación do comercio local
A campaña promove a divulgación do traballo da Obra Social de Pediatría e a recadación de fondos mediante actividades solidarias e participación do comercio local
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” chega en maio á tenda Doña Camiseta, que dedicará o mes a difundir o labor da Obra Social de Pediatría. A concelleira María Rozas presentou onte as actividades, acompañada pola responsable do establecemento, Yolanda Salvado; e por Federico Martinón e Belén Mosquera, en representación da Obra Social Pediatría.

María Rozas puxo en valor o traballo da Obra Social Pediatría, “impulsada hai xa 8 anos polo propio servizo de Pediatría do CHUS para promover a investigación, mellorar a atención sanitaria aos nenos e nenas desde unha perspectiva humanizadora, ofrecer atención educativa hospitalaria e promocionar a prevención e os hábitos de vida saudables”. Pola súa banda, Federico Martinón agradeceu ao Concello a iniciativa, e puxo en valor que esta campaña “cree sinerxias entre as boas vontades de tanta xente, e permita dar a coñecer o traballo da Obra Social de Pediatría en situacións de máxima vulnerabilidade”

A Obra Social de Pediatría xa participara os anos anteriores en “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, pero desta vez faino da man dun establecemento que se estrea na campaña. Trátase de Doña Camiseta, da que María Rozas destacou “a súa longuísima traxectoria que demostra que é posible que o pequeno comercio lle faga fronte á competencia das grandes cadeas e da venda online desde os valores da calidade, a proximidade e a atención personalizada”. A concelleira salientou que “non hai un veciño ou veciña de Santiago que non coñeza esta tenda, que para moitos de nós está ligada a recordos de momentos especiais das nosas vidas”.

Actividades do mes

Ao longo de todo o mes, Doña Camiseta acollerá unha mesa solidaria na que divulgará a actividade de Obra Social Pediatría e porá á venda produtos solidarios en favor da entidade. Tamén haberá unha exposición de debuxos realizados por nenos e nenas hospitalizadas no Clínico, aos que que será posible deixarlles unha mensaxe e un sorriso nun buzón na propia tenda. Ademais no establecemento haberá varios xogos cos que as persoas que se acheguen á tenda poderán conseguir diferentes agasallos.

Outra das actividades previstas é o obradoiro “Superando Medos”, que se desenvolverá na Praza de Vigo, o 27 de maio a partir das 18.00 horas. Como en meses anteriores haberá tamén un sorteo final do mes entre as persoas que merquen os produtos solidarios en favor da Obra Social Pediatría.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620