Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago proxecta unha nova glorieta nas Fontiñas para mellorar o tráfico e a accesibilidade

A intervención na confluencia das rúas de Londres, Lisboa e Dublín contará cun orzamento de 140.000 euros e un prazo de execución de tres meses

O proxecto transformará a actual intersección das Fontiñas nunha glorieta de pequeno radio, incorporando melloras na mobilidade, accesibilidade e iluminación
O proxecto transformará a actual intersección das Fontiñas nunha glorieta de pequeno radio, incorporando melloras na mobilidade, accesibilidade e iluminación
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria este luns, aprobou o proxecto para crear unha glorieta na intersección das rúas de Londres, Lisboa e Dublín, nas Fontiñas, coa finalidade de mellorar a funcionalidade da intersección, resolver os problemas no fluxo de tránsito rodado e peonil e incorporar melloras na accesibilidade e na drenaxe superficial.

A superficie de intervención abrangue a zona de calzada, as beirarrúas, as medianeiras e o trazado do carril bici, afectando á configuración completa do espazo público neste punto, que se transforma da actual intersección regulada cun sinal de stop nunha glorieta de pequeno radio.

O proxecto incorpora os criterios de deseño universal na configuración dos espazos públicos urbanizados, en particular os parámetros relativos a itinerarios peonís accesibles, execución de pasaxes, pavimentos podotáctiles, continuidade dos percorridos e eliminación de barreiras arquitectónicas.

Para garantir e mellorar a iluminación, instalarase unha nova columna no interior da glorieta. O orzamento base de licitación sitúase en 140.000 € (IVE incluído) e o prazo de execución en 3 meses.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620