Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago incrementa por primeira vez a contía dos Premios Educacompostela

A XVII edición eleva as dotacións ata os 1.500 euros e abre o prazo de presentación ata o 18 de setembro

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases dunha nova edición dos Premios Educacompostela, que recoñecen materiais didácticos en galego e impulsan a innovación educativa
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases dunha nova edición dos Premios Educacompostela, que recoñecen materiais didácticos en galego e impulsan a innovación educativa
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria este luns, deulles o visto e prace ás bases para a XVII edición dos Premios Educacompostela. Por primeira vez na historia destes recoñecementos, increméntase a súa dotación económica. En concreto, o premios suben 300 euros en cada categoría, de xeito que se establece una recompensa de 1.500 para o primeiro premio, 1.200 para o segundo e 900 € para o terceiro.

Estes premios, que organiza o Departamento de Educación co asesoramento pedagóxico de Nova Escola Galega, naceron co fin de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais didácticos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.

Os materiais didácticos que se presenten poderán estar dirixidos aos diferentes niveis do ensino non universitario (educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional) ou aos diferentes contextos de acción socioeducativa.

Son requisitos que estean integramente redactados en galego, que correspondan aos últimos cinco anos, que sexan orixinais e non premiados con anterioridade e que fosen aplicados, tamén na nosa lingua.

O prazo para presentar traballos comezará coa publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e rematará o 18 de setembro de 2026 e terán que entregarse ou dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620