Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acolle o III Torneo Tuxeileires de rugby inclusivo no estadio Vero Boquete

Máis de 120 deportistas participarán nunha cita que promove a inclusión a través do deporte o vindeiro 9 de maio

A concelleira Pilar Lueiro presentou no Pazo de Raxoi o torneo de rugby inclusivo que reunirá equipos de Galicia, Asturias e León en Santiago
A concelleira Pilar Lueiro presentou no Pazo de Raxoi o torneo de rugby inclusivo que reunirá equipos de Galicia, Asturias e León en Santiago
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este luns no Pazo de Raxoi o III Torneo Tuxeileires de Rugby inclusivo acompañada polo impulsor do proxecto, Xabier Vidal, o adestrador Ángel Agrasar e a xogadora Susana Barbazán.

Pilar Lueiro trasladou o apoio do Concello a esta iniciativa que promove a Escola de Tempo Libre Don Bosco e que se celebrará o vindeiro sábado 9 de maio no estadio municipal Vero Boquete.

A concelleira fixo referencia ao lema desta competición, 'Se non xogamos todxs, pinchamos o balón’, para festexar que “Santiago convértese máis unha vez na capital do deporte, e dobremente, inclusivo”.

“Estamos moi contentas de colaborar con esta iniciativa, que xa os anos pasados foron unha experiencia moi positiva e esta será unha nova ocasión para erguer orgullosas a bandeira da inclusión no ámbito deportivo, un compromiso firme por Santiago e un valor fundamental do deporte”, manifestou a concelleira, que

Participarán nesta terceira edición equipos procedentes da Coruña, Ourense, Asturias e León. En total, haberá máis de 120 deportistas sobre o céspede. Pilar Lueiro animou a veciñanza a acudir a gozar da competición e animar.

Xabier Vidal lembrou que esta competición naceu do voluntariado e remarcou o seu carácter “en prol da inclusión e dos dereitos das persoas”. O impulsor do proxecto destacou tamén a “honra contar con dous equipos de fóra” e animou os participantes a gozar tanto da competición como do “terceiro tempo” de convivencia posterior.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620