Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Os centros socioculturais de Santiago programan obradoiros de cómic e ilustración arredor do Festival FunFunFun

A iniciativa inclúe catro talleres en maio en distintos barrios para público infantil e xuvenil, co obxectivo de fomentar a creatividade e a participación interxeracional

A programación previa ao Festival FunFunFun levará obradoiros de banda deseñada, manga e papercut a varios centros socioculturais de Santiago durante os sábados de maio
A programación previa ao Festival FunFunFun levará obradoiros de banda deseñada, manga e papercut a varios centros socioculturais de Santiago durante os sábados de maio
Erik Mclean
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Festival FunFunFun quenta motores de cara á celebración da súa oitava edición no próximo mes de xuño, e faino cunha programación de actividades complementarias na rede de centros socioculturais. Trátase dunha serie de obradoiros que se desenvolverán todos os sábados do mes de maio, dirixidos ao público infantil e xuvenil. O primeiro deles será o próximo 9 de maio, no CSC de Vite, a cargo de Manel Cráneo.

O departamento de Centros Socioculturais pon en marcha no mes de maio unha serie de actividades complementarias ao Festival FunFunFun, que celebrará a súa oitava edición a comezos do mes de xuño. A programación céntrase en obradoiros de banda deseñada, manga e papercut, disciplinas que permiten achegar a arte gráfica a públicos diversos, desde a infancia ata a mocidade, con propostas adaptadas a distintas idades e intereses. Con esta iniciativa, o Festival aposta por converter nunha iniciativa verdadeiramente interxeracional, na que a creatividade funcione coma ponte entre xeracións e como ferramenta de aprendizaxe, expresión e convivencia.

Catro obradoiros os sábados de maio

A programación complementaria inclúe obradoiros programados para os catro sábados do mes de maio noutros tantos centros socioculturais. Serán sesións dirixidas a distintos tramos de idade e impartidos por profesionais de ampla traxectoria no ámbito do cómic e da ilustración, co obxectivo de poñer en valor o cómic non só como forma de lecer, senón tamén como recurso creativo e pedagóxico que estimula a imaxinación, o pensamento visual e a expresión persoal. Ademais, as actividades desenvolveránse nos centros socioculturais para fortalecer a programación cultural de proximidade e consolidar os CSC como espazos vivos, abertos e útiles para a cidadanía.

Inscricións abertas

O primeiro dos obradoiros será o sábado 9 de maio no centro sociocultural de Vite, en horario de 11.00 a 13.00 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas maiores de seis anos, e xirará ao redor do universo do Planeta Mincha, o proxecto multidisciplinar de ciencia ficción fantástica de Manel Cráneo. Haberá 20 prazas dispoñibles, e a inscrición debe facerse no propio centro sociocultural.

No sábado 16 de maio, está previsto un obradoiro de manga no centro sociocultural de Santa Marta, a cargo de Inés Vázquez. Neste caso, a actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos

O 23 de maio a programación trasládase ao CSC Maruxa e Coralia, cun obradoiro de papercut con Paula Mayor, para rapaces e rapazas maiores de 16 anos. Por último, a programación complétase cun obradoiro de banda deseñada para maiores de 10 anos o sábado 30 de maio, no CSC do Ensanche. Neste caso, a actividade corre a cargo de Cristian F. Caruncho.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620