Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Teatro Principal acolle ‘Alén’, unha viaxe escénica aos límites da identidade

O Colectivo Glovo presenta en Santiago unha peza de danza contemporánea que explora o tránsito entre cambio e transformación

O Teatro Principal acollerá o 7 de maio a representación de ‘Alén’, unha proposta de danza contemporánea dirixida por Esther Latorre e Hugo Pereira
O Teatro Principal acollerá o 7 de maio a representación de ‘Alén’, unha proposta de danza contemporánea dirixida por Esther Latorre e Hugo Pereira
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Teatro Principal de Santiago acolle este xoves 7 de maio, ás 20.30 horas, 'Alén', unha creación de danza contemporánea do Colectivo Glovo que convida o público a transitar ese espazo indefinido entre o que remata e o que está por comezar. A proposta inscríbese no Foco NeoTrad de Compostela Cultura e está pensada para todos os públicos.

'Alén' agroma do desexo de habitar o límite, de explorar o “máis alá” non como un destino, senón como un proceso en constante construción. A peza articúlase como unha experiencia sensorial e poética que se sitúa nun territorio suspendido, onde a identidade se dilúe para volver xurdir transformada. En palabras da compañía, o traballo leva a escena “o último alento antes do salto. Nese instante, entre o derrubamento e o renacemento, nace ALÉN”. Cunha linguaxe dinámica e enérxica, catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser, trazando un percorrido escénico que dialoga co cambio, a incerteza e a renovación.

Dirixida e creada por Esther Latorre e Hugo Pereira, a proposta combina a coreografía de Latorre cun coidado traballo de espazo sonoro, iluminación e vestiario, incorporando tamén unha asesoría de movemento en danza tradicional. Sobre o escenario estarán Esther Latorre, Estefanía Gómez, Seth Buckley e Marc Fernández.

'Alén' é unha produción do Colectivo Glovo en coprodución co Centro Coreográfico Galego e a Axencia Galega das Industrias Culturais, entre outras entidades. A súa representación intégrase programación de artes escénicas que o Concello de Santiago desenvolve a través de Compostela Cultura, co apoio da Deputación da Coruña e o Consorcio da Cidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620