Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Aberto o prazo para o concerto infantil gratuíto de Golfiños no Milladoiro

Ames acollerá o 8 de maio un espectáculo participativo con música, xogo e tradición oral dentro do programa Apego

O espectáculo ‘AIELÉ’ combina música, xogo e tradición oral para público infantil
O espectáculo ‘AIELÉ’ combina música, xogo e tradición oral para público infantil
Concello de Ames
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Concello de Ames abriu o prazo de inscrición para asistir ao concerto ‘AIELÉ. De colo en colo, de canción en canción’, do grupo Golfiños, unha proposta familiar gratuíta que se celebrará o vindeiro venres 8 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro.

A actividade comezará ás 18.00 horas e está dirixida a familias con crianzas a partir de dous anos. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de solicitude. 

Música participativa para pequenos e maiores

Trátase dun concerto participativo con cancións orixinais de Golfiños inspiradas na tradición oral galega. O obxectivo é crear un espazo compartido de xogo, música e emoción, pensado para que nenos e adultos canten, bailen e gocen xuntos.

A proposta busca ademais que as familias leven para a casa novas e vellas melodías coas que seguir desfrutando en familia. 

Como anotarse

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro xoves 7 de maio. Para participar, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal indicando nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.

A actividade forma parte do programa Apego, unha iniciativa de dinamización lingüística orientada a familias que agardan un bebé ou teñen nenos e nenas de entre 0 e 6 anos para fomentar o uso do galego na primeira infancia mediante recursos e actividades lúdicas e educativas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620