Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago inviste máis de 322.000 euros na mellora da rúa de San Martiño de Aríns

As obras inclúen a rexeneración do firme, unha nova senda peonil e a ampliación da rede de abastecemento nun tramo de 1,2 quilómetros

A intervención en San Martiño de Aríns completa a actuación integral nunha vía de máis de dous quilómetros cun investimento total próximo aos 700.000 euros
A intervención en San Martiño de Aríns completa a actuación integral nunha vía de máis de dous quilómetros cun investimento total próximo aos 700.000 euros
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A rúa de San Martiño de Aríns, situada na parroquia do mesmo nome, está a ser obxecto de obras de rexeneración do pavimento asfáltico e de construción dunha senda peonil. Estes traballos, cunha duración prevista de tres meses, dan continuidade aos que se efectuaron en 2025 noutro tramo da mesma rúa. A obra que agora comeza conta cun orzamento de 322.512,48 € IVE incluído.

Esta Fase II da intervención en San Martiño de Aríns comprende o tramo situado entre a glorieta na rúa das Estrelas e a intersección do cruzamento con estradas locais. As obras abranguen un espazo de case 1.200 metros de lonxitude, e inclúen a construción dunha senda peonil nunha marxe co obxectivo de mellorar a seguridade xeral no tráfico de peóns e vehículos a motor. Ademais, as obras ampliarán a rede de abastecemento de auga que dá servizo ás vivendas da zona e a outros espazos de carácter urbanizable.

Esta actuación supón dar continuidade á anterior Fase I, que se estendeu noutros 1.170 metros de rúa dende o final da actual intervención ao cruzamento coa estrada AC-261. Aqueles traballos, que se adxudicaron en outubro de 2024, contaron cun orzamento de 347.720,85 €.

Con esta nova intervención na área rural compostelá complétase a actuación integral sobre o conxunto da rúa de San Martiño de Aríns, unha intervención en máis de 2 quilómetros de lonxitude e cun investimento conxunto de case 700.000 euros. A Fase I estivo cofinanciada a través do POS 2023 da Deputación da Coruña, estando a Fase II asignada ao POS 2024 da mesma institución.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620