Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Rompetiño celebra en Santiago o seu décimo aniversario cunha gala que reivindica a cultura urbana galega

O festival, nacido en Porto do Son, consolídase como referente ao combinar deporte, música e moda e anuncia a súa vinculación futura ao Xacobeo

A gala do décimo aniversario do Rompetiño reuniu en Santiago a artistas, institucións e patrocinadores para facer balance da traxectoria do festival
A gala do décimo aniversario do Rompetiño reuniu en Santiago a artistas, institucións e patrocinadores para facer balance da traxectoria do festival
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O festival Rompetiño celebrou na noite de onte a súa gala conmemorativa polo décimo aniversario no Patio de Cristal do Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, nun acto que reuniu representantes institucionais, patrocinadores e unha ampla representación de artistas do panorama galego vinculados á cultura urbana.

Conducida polo presentador da TVG Juan Fuentes, a gala serviu para facer balance dunha década de evolución dun proxecto nacido en Porto do Son que, ano tras ano, foi medrando ata consolidarse como unha das principais citas da cultura urbana en Galicia, combinando deporte, música e moda cunha forte identidade propia.

O acto comezou cun vídeo retrospectivo das dez edicións do festival, dando paso á intervención de Luis Pazos, director do proxecto Rompetiño, quen puxo en valor a traxectoria do festival e o papel fundamental do territorio, da comunidade local e das persoas colaboradoras no seu desenvolvemento. Durante a súa intervención tivo lugar un dos momentos máis emotivos da noite co recoñecemento a Merche Otero, “Carmiña”, figura simbólica do Rompetiño e reflexo do arraigamento do proxecto en Porto do Son. 

No bloque de patrocinadores, interveu Hugo Pérez, responsable de Marketing Local e de Clientes de Mahou Galicia, quen destacou a evolución do festival e a relación construída coa marca ao longo dos anos: “Rompetiño supérase ano tras ano, convertendo Porto do Son no epicentro da cultura urbana, onde o deporte, a música e a cultura se atopan para crear algo único".

A cultura urbana tivo un papel protagonista durante a gala coa actuación da breaker Alicia Babarro, Mini-Ali, unha das principais promesas nacionais desta disciplina, así como coa presenza de numerosos artistas da escena actual, algúns dos cales participaron tamén no desfile, como Dirty Suc ou MDA, contribuíndo a reunir nun mesmo espazo boa parte do ecosistema musical emerxente galego.

No ámbito institucional, interveu Lara Meneses, directora xeral de Xuventude, quen puxo en valor o recoñecemento da cultura urbana como unha expresión cultural plenamente integrada na sociedade actual, así como a aposta da Xunta de Galicia por apoiar este tipo de iniciativas.

O evento conmemorativo do décimo aniversario do festival Rompetiño incluíu intervencións institucionais, actuacións musicais e un desfile centrado na cultura urbana galega
O evento conmemorativo do décimo aniversario do festival Rompetiño incluíu intervencións institucionais, actuacións musicais e un desfile centrado na cultura urbana galega

Pola súa banda, Luis Oujo, alcalde de Porto do Son, destacou a importancia do festival para o municipio, subliñando o seu impacto na dinamización social, cultural e turística, así como o orgullo de acoller un evento que proxecta a imaxe da localidade máis alá de Galicia.

O peche institucional correu a cargo de Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, quen trasladou o saúdo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e puxo en valor o talento existente en Galicia e a capacidade do Rompetiño para xerar atracción turística. Ademais, avanzou que o festival formará parte dos concertos vinculados ao Xacobeo nas vindeiras edicións, reforzando a súa proxección estratéxica.

Un dos momentos máis destacados da noite foi o desfile de deseño de marca Galicia, moi aplaudido polo público, que sorprendeu pola súa innovadora posta en escena. Sen xerarquías nin tarima, os modelos desfilaron a ras de chan sobre unha gran X en alfombra, símbolo dos dez anos do festival, nunha proposta que rompía cos formatos tradicionais. A experiencia completouse con relatos en primeira persoa en voz en off que percorrían a historia do Rompetiño, abordando os seus inicios, a súa evolución e o papel clave dos primeiros apoios —entre eles Mahou a través de Vibra Mahou—, ao tempo que formulaban unha reflexión sobre a cultura urbana como unha expresión cultural consolidada fronte a prexuízos históricos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620