Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Pino celebra o Día das Letras cunha ruta polo Camiño Francés

A actividade celebrarase o 16 de maio entre A Calzada e a Casa da Cultura con inscrición previa obrigatoria

O Concello oferta 35 prazas gratuítas para a II Andaina das Letras-14
O Concello oferta 35 prazas gratuítas para a II Andaina das Letras-14
Concello de O Pino
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello do Pino, municipio limítrofe con Santiago e atravesado polo Camiño Francés, celebrará o vindeiro 16 de maio a segunda edición da Andaina das Letras: ‘Camiñando coa Lingua’, unha proposta que combinará sendeirismo, patrimonio e promoción do galego con motivo do Día das Letras Galegas.

A actividade consistirá nun percorrido polo histórico Camiño de Santiago ao seu paso pola zona e busca fomentar o uso da lingua galega a través dunha experiencia participativa aberta á cidadanía. 

Ruta desde Arzúa ata O Pino

A xornada comezará coa saída dun autobús ás 8.30 horas desde o Centro Cultural Luís Seoane ata A Calzada, en Arzúa, punto desde o que arrancará a camiñada ás 09.00 horas.

O itinerario terá unha lonxitude aproximada de 13 quilómetros e rematará arredor das 13.00 horas na Casa da Cultura do Pino. Durante o traxecto haberá distintas intervencións dinamizadas polo guía turístico Carlos Guerra, que ofrecerá explicacións sobre a historia local e sobre o propio Camiño de Santiago. 

Inscrición gratuíta con aforo reducido

A participación será gratuíta, aínda que con inscrición previa obrigatoria antes do 13 de maio. As persoas interesadas poderán anotarse nas oficinas municipais ou a través do Rexistro municipal.

O Concello limitou a actividade a 35 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición. Desde o goberno local animan á veciñanza e ás familias a sumarse a unha cita que busca reforzar o vínculo coa lingua e coa identidade cultural galega mediante unha xornada compartida en plena ruta xacobea.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620