Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Compostela Cultura acolle herDanza Itinera, unha xornada de creación contemporánea arredor do corpo e o movemento

A Casa das Máquinas será o escenario o 9 de maio dun programa con obradoiros, pezas breves e unha función nocturna que explora a danza como investigación e experiencia compartida

A xornada herDanza Itinera desenvolverase o 9 de maio na Casa das Máquinas con actividades de danza contemporánea, obradoiros e representacións abertas ao público
A xornada herDanza Itinera desenvolverase o 9 de maio na Casa das Máquinas con actividades de danza contemporánea, obradoiros e representacións abertas ao público
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Compostela Cultura suma á súa programación escénica arredor da danza unha nova proposta arredor da creación contemporánea co proxecto 'herDanza Itinera', unha xornada coordinada por Can Cun Quinqué que terá lugar o sábado 9 de maio na Casa das Máquinas e que convida a explorar o corpo como territorio de investigación, memoria e transformación.

Arranca ás 11.30 horas co obradoiro 'Abrir o corpo, desbordar a danza', guiado polo artista e investigador en artes vivas Javier Arozena. Trátase dunha práctica de movemento aberta a todos as persoas interesadas polo movemento, sen necesidade de experiencia previa, que propón unha exploración colectiva desde a escoita, a intimidade e o cuestionamento dos límites do corpo. Esta primeira sesión ten unha duración aproximada de 90 minutos e a  participación é gratuíta, con prazas limitadas e inscrición previa a través da web de Compostela Cultura.

A seguir, ás 14.00 horas, presentaranse dúas pezas breves: 'DÂNSÂI', de Adrián Herrera, e 'Tánguela', de Myriam González. A primeira propón unha investigación física inspirada na biomecánica das especies naturais e mariñas, mentres que a segunda afonda na relación entre control e descontrol a través dun corpo que busca o seu lugar. Ambas as representacións teñen unha duración aproximada de 15 minutos e a asistencia é libre ata completar capacidade.

A xornada pecharase ás 21.30 horas coa representación de 'KIND', de Javier Arozena – La Compañía, unha peza que reflexiona sobre a vulnerabilidade, o coidado e a interdependencia como formas de resistencia e construción colectiva. A obra inspírase, entre outras referencias, na acción 'Carrying' de Pepe Espaliú e nas ideas de Simone Weil e Giorgio Agamben, configurando un espazo escénico onde o corpo devén lugar de encontro entre o íntimo e o político.

Una programación expandida para celebrar a danza

Esta xornada intégrase nunha programación máis ampla coa que Compostela Cultura celebra o Día Internacional da Danza, estendendo a presenza das artes do movemento ao longo das vindeiras semanas en diferentes espazos da cidade.

A programación continuará o xoves 7 de maio tamén no Teatro Principal con 'Alén', do Colectivo Glovo, unha proposta con coreografía de Esther Latorre e interpretada por ela mesma e por Sybila Gutiérrez, Xián Martínez e Marc Fernández, que explora o límite como espazo de tránsito e transformación, nun diálogo constante entre o que remata e aquilo que está a piques de emerxer.

Xa o sábado 9 de maio, o Auditorio de Galicia acollerá 'Anónimos', de Rauxa Cía, un espectáculo que combina danza e circo contemporáneo para mergullar o público familiar nun universo poético e visual que reflexiona sobre a memoria, a imaxinación e a soidade. Recomendado a partir de 7 anos de idade.

Este percorrido arredor do corpo pecharase o domingo 10 de maio no Auditorio de Galicia con 'Vicenta Lorca', da Óscar Cobos Compañía de Danza, unha proposta escénica que combina música, xesto e palabra para construír unha viaxe simbólica pola vida de Federico García Lorca a través da mirada da súa nai, coas interpretacións de Óscar Cobos, Inés Salvado e Abe Rábade

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620