Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago mobiliza máis de 50 persoas voluntarias para os Xogos do Eixo Atlántico deste verán

O programa de voluntariado, aberto ata o 30 de maio, apoiará a organización dun evento que reunirá máis de 2.300 deportistas de Galicia e Portugal

Presentación do programa de voluntariado dos Xogos do Eixo Atlántico, este martes en Santiago, coa participación da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e representantes da USC e do servizo municipal
Presentación do programa de voluntariado este martes en Santiago, coa participación da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e representantes da USC e do servizo municipal
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este martes o programa de voluntariado dos XVI Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán en Santiago do 5 ao 10 de xullo. Na rolda participaron tamén o coordinador do Servizo de participación e inclusión universitaria da USC, Javier Agrafojo, e o técnico de Deportes Francisco Sanín.

Pilar Lueiro detallou que máis de 50 persoas desenvolverán tarefas de voluntariado durante a celebración deste gran evento, no que está previsto que compitan máis de 2.300 deportistas, procedentes de 28 cidades galegas e portuguesas.

“A organización destes Xogos require dun esforzo moi grande para o que nos coordinamos distintas entidades e administracións”, considerou a responsable municipal de Deportes e valorou que as persoas voluntarias son “unha peza fundamental”.

O voluntariado dos Xogos do Eixo Atlántico estará repartido en dúas funcións: acompañamento das distintas delegacións participantes, con dúas persoas permanentemente asignadas a cada unha; e realización de tarefas vinculadas ás instalacións deportivas da competición, con labores coma axuda aos árbitros, atención aos equipos, control do material deportivo, colaboración na distribución de vestiarios ou atención ao público.

“Desde o Concello de Santiago animamos a toda a mocidade a implicarse na organización destes xogos”, afirmou a concelleira, e indicou que calquera persoa interesada en recibir máis información pode pórse en contacto coa Concellería de Deportes no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro a través do teléfonos 981528730 e 650551296 en horario de mañá ou escribindo ao correo electrónico xogoseixo26@santiagodecompostela.gal.

Na mesma liña, Francisco Sanín fixo un chamamento ás persoas maiores de idade para se inscribiren como voluntarias e celebrou que “durante unha semana Santiago se converte nun referente a nivel deportivo de todo o noroeste peninsular”.

Formulario de inscrición online

Pola súa banda, Javier Agrafojo expresou o agradecemento da Universidade de Santiago ao Concello pola colaboración e lembrou que o rexistro de voluntarios da USC está aberto a todas as persoas, non so á comunidade universitaria a través dun sinxelo formulario online.

A inscrición como voluntario dá dereito a cobertura sanitaria e seguro de responsabilidade civil. Ademais, para o estudantado universitario, a participación recoñécese con créditos.

O prazo de inscrición xa se atopa aberto e estenderase ata o vindeiro 30 de maio. As persoas que queiran participar como voluntarias terán que ter, nesa data, polo menos 18 anos de idade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620