Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Rois presenta un maio cheo de plans de balde para celebrar as Letras Galegas

O Concello desenvolverá actividades entre o 8 e o 31 de maio con protagonismo para Begoña Caamaño, a música tradicional e propostas para todas as idades

A celebración, no ano 2025
A celebración, no ano 2025
Concello de Rois
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Rois presentou a programación de ‘Rois no camiño das Letras Galegas’, unha iniciativa cultural coa que celebrará durante todo o mes de maio as Letras Galegas a través dun calendario cheo de música, literatura, deporte, teatro e actividades divulgativas. As propostas desenvolveranse entre os días 8 e 31 e estarán abertas ao público de balde.

O programa coincidirá ademais coas festas patronais de Santo Isidro Labrador e busca combinar tradición, creación contemporánea e promoción da lingua galega con actos pensados para veciñanza e visitantes. 

Música, andaina e cultura popular

A programación comezará o venres 8 de maio co Serán da Lingua, unha cita coa música tradicional que se celebrará desde as 18.00 horas no campo da festa de Rois. Participarán diferentes agrupacións culturais e a xornada rematará cunha chocolatada popular.

Outra das datas destacadas chegará o domingo 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, coa celebración da VII Andaina do Santo Isidro Letras Galegas. A actividade inclúe un percorrido de 11 quilómetros acompañado de coplas da tradición oral de Rois. A recollida de dorsais será ás 8.30 horas e a saída ás 10.00 horas desde o polideportivo de Urdilde. As inscricións permanecerán abertas ata o 13 de maio.

A música volverá cobrar protagonismo os días 30 e 31 cos Concertos de Primavera da Escola municipal de música de Rois, previstos no auditorio ás 19.00 horas. 

Exposición e actividades escolares

No apartado expositivo, o edificio multiúsos acollerá durante todo o mes unha mostra dedicada a Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, co obxectivo de divulgar a súa obra e traxectoria.

A programación complétase co Certame Literario Lois Aldegunde, aberto a relatos breves e poesía ata o 30 de setembro, e con varias actividades dirixidas ao alumnado dentro da iniciativa Alinguamos cos centros educativos. Entre elas figuran espectáculos teatrais programados os días 18, 20 e 22 de maio no auditorio municipal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620