Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Real Filharmonía de Galicia estrea en Santiago 'Fendas do silencio', unha aposta pola creación contemporánea

O concerto, en colaboración co Festival RESIS, incluirá unha estrea absoluta de Francisco Domínguez e obras de Rebecca Saunders e Francisco Guerrero no Auditorio de Galicia

Real Filharmonía de Galicia, en el hall del Auditorio de Galicia
O concerto terá lugar o 30 de abril no Auditorio de Galicia e contará coa dirección de Josep Planells
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Real Filharmonía de Galicia presenta 'Fendas do silencio', un concerto que abre novas perspectivas arredor da creación musical contemporánea. A cita, en colaboración co Festival RESIS, terá lugar o xoves 30 de abril ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia.

Dirixido por Josep Planells, o concerto contará coa participación destacada dos percusionistas Noè Rodrigo Gisbert e Adélaïde Ferrière, intérpretes especializados no repertorio contemporáneo e recoñecidos pola súa versatilidade e capacidade expresiva. O programa inclúe a estrea absoluta de 'Negra sombra' de Francisco Domínguez, unha encarga da RFG para o seu proxecto “Cometas”, a estrea en España de 'VOID' de Rebecca Saunders e 'Coma Berenices' de Francisco Guerrero.

Rebecca Saunders, unha das compositoras máis recoñecidas da súa xeración, desenvolve unha linguaxe centrada nas propiedades físicas e espaciais do son. En 'VOID', obra inspirada nos textos de Samuel Beckett, a autora constrúe unha paisaxe sonora única ao combinar momentos de extrema fraxilidade con explosións de tensión. A peza require un diálogo constante coa percusión, elemento clave nesta interpretación.

Pola súa parte, Domínguez propón en 'Negra sombra' unha reinterpretación contemporánea da tradición galega, mentres que Guerrero leva ao límite as posibilidades da orquestra mediante estruturas inspiradas na ciencia e na xeometría fractal.

Como actividade complementaria, o mesmo día do concerto terá lugar o 'Laboratorio de resonancias' ás 18.00 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia. Este encontro propón unha exploración práctica dos instrumentos e técnicas que configuran o universo sonoro de 'VOID', abordando cuestións como a vibración, a textura e a tensión, así como o papel da percusión na creación contemporánea. O faladoiro estará conducido polos propios solistas, Noè Rodrigo Gisbert e Adélaïde Ferrière.

O acceso a esta actividade está incluído coa entrada do concerto e está especialmente dirixido a alumnado de conservatorios e público xeral interesado. Os centros educativos que desexen asistir con grupos poden contactar a través do correo info@rfgalicia.org.

Ademais, ás 19.45 horas, o público tamén poderá asistir a un preconcerto na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a cargo do alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais, que interpretará o 'Cuarteto de corda No.1, en Fa M Op.18' de Ludwig van Beethoven e o 'Cuarteto de corda No. 7 in FA m, Op. 108' de Dmitri Shostakovich.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620