Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

SELIC e o Premio Compostela, finalistas nos Premios Follas Novas do Libro Galego

O Concello apoia unha nova edición dos galardóns, que se celebrarán o 9 de maio no Teatro Principal e estrean imaxe e estrutura organizativa

A gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego celebrarase o 9 de maio no Teatro Principal de Santiago, con dúas iniciativas municipais entre as finalistas
A gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego celebrarase o 9 de maio no Teatro Principal de Santiago, con dúas iniciativas municipais entre as finalistas
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Santiago apoia un ano máis os Premios Follas Novas do Libro Galego, organizados pola Asociación Galega de Editoras, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia, que se entregarán o vindeiro 9 de maio no Teatro Principal. Nesta edición, dúas iniciativas do Concello de Santiago concorren como finalistas: a Semana do Libro de Compostela (SELIC) e o Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, organizados xunto coa editorial Kalandraka.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, expresou a súa satisfacción con estas dúas candidaturas que “veñen a confirmar a aposta do Concello de Santiago polo libro galego, a lectura e a promoción da lingua”. A SELIC é candidata ao premio de promoción da lectura e a XVIII edición do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados compite na categoría de iniciativa bibliográfica.

Novidades da edición

A Asociación Galega de Editoras, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia anunciaron a súa intención de constituír unha nova asociación que as integre co obxectivo de reforzar a estrutura organizativa dos premios, garantir a súa continuidade no tempo e impulsar o seu crecemento e proxección futura.

Na opinión de Miguel Toval, presidente da Asociación Galega de Editoras, ‘‘coa creación da asociación Follas Novas, que asumirá a organización, subimos un chanzo máis na consolidación dos premios. O obxectivo é que crezan en importancia para a sociedade galega’’.

Para Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, ‘‘as tres entidades que representan as escritoras e escritores, editoras e librarías dan un paso adiante coa creación da Asociación dos Premios Follas Novas, co obxectivo de poder dotalos dunha estrutura máis potente para a avanzar na súa consolidación e visibilidade, facilitando igualmente a xestión dos premios e a comunicación coas diversas administracións.

Segundo Patricia Porto, "desde a federación de Librarías de Galicia pensamos que é un paso necesario para facer unha aposta polos premios Follas Novas e coordinar ao sector do libro en prol do libro galego".

A gala de entrega dos premios estará conducida por Ailén Kendelman, quen presentará o seu espectáculo 'Unha señora orquestra', unha proposta escénica que combina música, humor e narración, achegando unha mirada fresca e orixinal á cerimonia.

Premios de Honra 2026

O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Basim Mohammad Saleh Adeeb Al-Khandaqji, escritor palestino, como Escritor Galego Universal en 2026, como mostra de admiración e profundo respecto pola súa persoa e polo traballo desenvolto na defensa da literatura e a dignidade nacional de Palestina.

Fillo dunha patria cautiva, nun tempo no que se está a perpetrar un xenocidio sobre o pobo palestino, é unha luz de esperanza para a humanidade que Basim Mohammad Saleh Adeeb Al-Khandaqji construíse unha obra literaria desde os cárceres do xenocidio. Unha obra liberadora que fará que o pobo palestino siga a construír un futuro de liberdade, exemplo para todos os pobos do mundo.

Polo seu 75 aniversario, a Editorial Galaxia foi a escollida pola Asociación Galega de Editoras para recibir o premio de honra nesta edición 2026, recoñecendo así a súa aportación clave no desenvolvemento da cultura galega nas últimas décadas.

Finalmente, Moito Conto é unha libraría de referencia non só no ámbito galego, senón tamén no estatal, realizando unha tarefa continuada e de calidade de promoción do libro e da lectura.  Moito Conto destaca, ademáis,  pola súa capacidade de comunicación e de chegar a un público numeroso utilizando tanto o marketing máis tradicional como as novas tecnoloxías, comunicación que ven realizando de xeito prolongado no tempo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620