Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Xurxo Oro Claro aposta pola cerámica na súa nova exposición en Fonseca

O artista galego presenta 'Arxila, auga e lume' no Salón Artesoado, unha mostra con preto de 40 pezas que poderá visitarse ata o 30 de maio

Na mostra pódese ver unha escolla de arredor de 40 pezas, de mediano e grande formato escultórico
Na mostra pódese ver unha escolla de arredor de 40 pezas, de mediano e grande formato escultórico
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O artista galego Xurxo Oro Claro cambia o aceiro, material arredor do que desenvolveu a maioría da súa longa traxectoria, pola escultura cerámica. Sobre esta innovación, se asenta a mostra 'Arxila, auga e lume' que se inaugurou este venres 24 no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca e que pode visitarse ata o 30 de maio. O artista estivo acompañado no acto inaugural pola vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana; e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez.

A vicerreitora puxo o foco en como esta exposición é unha viaxe “aos procesos e saberes antigos”. Ana Cabana destacou a condición de “autodidacta” de Xurxo Oro Claro, así como a “presenza internacional da súa obra”. Pola súa parte, o artista fixo fincapé en que esta mostra é o froito “de tres anos de moito esforzo”. A cerámica, dixo, “é un medio tan importante ou máis incluso que outros como a madeira ou o aceiro”. Ademais salientou que “cada peza está feita con sinceridade e honradez”. Pola súa parte, o conselleiro deu as grazas á USC por brindar o Salón Artesoado para esta mostra, “un continente extraordinario”, alén de salientar o talento artístico e capacidade do creador co que tanto el como a súa familia manteñen un estreito vínculo dende hai anos.

A cerámica alienase á perfección coa referencia constante deste creador á cultura material popular e ancestral nos pobos, nomeadamente coa do pobo galego, é dicir, tanto coa artesanía como coa arqueoloxía. Na mostra pódese ver unha escolla de arredor de 40 pezas, de mediano e grande formato escultórico, resultado de tres anos de traballo nun taller da popular cerámica portuguesa de Barçelos, no norte de Portugal.

Cinco décadas de experiencia

Cunha traxectoria profesional dunhas cinco décadas, o artista Xurxo Oro Claro (Agolada, 1955) ten realizado preto de medio cento de exposicións individuais e participado en máis de 300 mostras colectivas, ademais de ser recoñecido con importantes premios. A súa obra está representada en numerosas coleccións públicas e privadas de todo o mundo. A mostra pode visitarse en horario de luns a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620