Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago presenta a imaxe dos Xogos do Eixo Atlántico, que reunirán 2.400 deportistas este verán

A alcaldesa Goretti Sanmartín destaca a igualdade nas disciplinas e o papel do evento como ponte deportiva entre Galicia e Portugal

Os Xogos do Eixo Atlántico celebraranse en Santiago do 5 ao 10 de xullo con 28 delegacións participantes
Os Xogos do Eixo Atlántico celebraranse en Santiago do 5 ao 10 de xullo con 28 delegacións participantes
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presentou o pasado venres en rolda de prensa a marca oficial dos XVI Xogos do Eixo Atlántico, que se van celebrar en Compostela este verán, acompañada pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e pola deseñadora da imaxe do evento, Thais Suárez.

A rexedora explicou que “o símbolo que vai representar a ilusión de milleiros de mozas e mozos de Galiza e Portugal” reflicte a igualdade que por primeira vez se acada neste xogos en todas as disciplinas, con equipos femininos e masculinos en todos os deportes.

“Os Xogos do Eixo Atlántico son un dos mellores exemplos de cooperación entre territorios, un espazo no que o deporte serve como ponte entre culturas irmás”, valorou Goretti Sanmartín, e avanzou a inauguración do evento será o 5 de xullo na Praza do Obradoiro.

As competicións desenvolveranse do luns 6 ao venres 10 de xullo, coa participación de 28 delegacións, 10 de Galicia e 18 de Portugal, que suman arredor de 2.400 deportistas.

A alcaldesa puxo o foco na cooperación e na construción do deporte base que reforza este “proxecto que fala de unión a través do deporte e de futuro compartido entre Galicia e Portugal”.

O símbolo reflicte a igualdade acadada por primeira vez nestes xogos en todas as disciplinas, con equipos femininos e masculinos
O símbolo reflicte a igualdade acadada por primeira vez nestes xogos en todas as disciplinas, con equipos femininos e masculinos
Concello de Santiago

A concelleira de Deportes celebrou que Santiago volva acoller esta competición 21 anos despois e indicou que se disputarán probas de baloncesto, balonmán, voleibol, natación, e atletismo, nestas dúas últimas tamén con deporte adaptado, a iniciativa do Concello.

Participará un bo número de entidades deportivas locais, entre elas o club de Voleibol Santiago, a delegación local da Federación Galega de Baloncesto, Club Ribadosar de balonmán; a delegación local da Federación Galega de Atletismo e o club natación Santiago.

Pilar Lueiro destacou que estes xogos son “unha oportunidade única para promover os valores fundamentais do deporte e unha plataforma para que a mocidade medre non só como deportistas, senón tamén como persoas” e que chegan nun momento excepcional para o deporte compostelán. “Non só porque contemos con mellores espazos deportivos grazas aos investimentos dos últimos tempos, senón polo excelente momento en que se atopan algún dos clubs da cidade e a implicación da mocidade no deporte”, afirmou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620