Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Curtocircuíto abre convocatoria para a 23ª edición con premios de ata 3.000 euros

O festival recibirá curtametraxes ata o 1 de xuño para competir nas súas seccións internacionais, galegas e de novos talentos

O festival levarase a cabo en Santiago do 30 de xuño ao 5 de xullo
O festival levarase a cabo en Santiago do 30 de xuño ao 5 de xullo
Curtocircuíto
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto abre o prazo de inscrición de curtametraxes para a súa 23ª edición, que se celebrará en Santiago de Compostela do 30 de xuño ao 5 de xullo de 2026. A convocatoria, aberta ata o 1 de xuño, convida a cineastas, produtoras e creadoras de todo o mundo a presentar as súas propostas nas distintas seccións competitivas do certame.

As obras poderán enviarse de balde a través da plataforma en liña Shortfilmdepot, cumprindo cos requisitos técnicos e formais establecidos nas bases, entre eles un máximo de 60 minutos de duración, que fosen estreadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2026 e que non participasen noutras edicións do certame.

Cada persoa ou entidade poderá presentar tantas curtametraxes como desexe, sempre que cada unha delas se rexistre de maneira independente.

A listaxe de curtametraxes seleccionadas —tanto en competición como en seccións paralelas— farase pública nas semanas previas á celebración do festival.

Un espazo para a exploración cinematográfica contemporánea

Curtocircuíto mantén a súa aposta pola diversidade estética e narrativa, admitindo traballos sen limitación de xénero, temática ou lingua. As obras seleccionadas competirán nas seccións Cosmos, Planeta GZ e Supernova. A sección oficial Cosmos reúne propostas internacionais que exploran novos camiños do cinema contemporáneo; Planeta GZ está dedicada ás producións galegas; e Supernova céntrase en primeiras obras e novos talentos, favorecendo o acceso ao circuíto profesional.

A organización será a encargada de asignar a sección final de cada filme, independentemente da súa inscrición inicial, e cada obra poderá optar unicamente aos premios correspondentes á categoría na que participe, ademais do Premio do Público e do Premio do Xurado Novo.

Premios e recoñecementos

O festival contará cun amplo palmarés que recoñece tanto a excelencia artística como a innovación. Entre os galardóns destacan o Premio Cosmos á Mellor Filme (3.000 €), o Premio á Filme Innovador (1.000 €), o Premio GZ á Mellor Filme Galego (2.000 €), o Premio Supernova (1.000 €), así como o Premio do Público, o Premio do Xurado Novo e o Premio Especial Curtocircuíto Atlas, que distingue traxectorias relevantes no ámbito audiovisual

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620