Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago convoca os Premios SELIC 2026 con 6.000 euros e publicación garantida

O Concello de Santiago de Compostela abre o prazo para presentar obras inéditas en galego en narrativa, poesía, teatro e ensaio ata o 10 de setembro

A convocatoria dos Premios SELIC de creación literaria 2026 está publicada no Boletín Oficial da Provincia
A convocatoria dos Premios SELIC de creación literaria 2026 está publicada no Boletín Oficial da Provincia
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este mércores a convocatoria e as bases reguladoras dos Premios SELIC de creación literaria 2026, que convoca o Concello de Santiago co obxectivo de incrementar a presenza de Compostela na literatura escrita en galego.

O premio ten unha dotación económica de 6.000 euros e implica a publicación da obra gañadora na colección SELIC que edita o Concello. Poden optar a el obras inéditas escritas en galego tanto nos xéneros de narrativa, poesía, teatro e ensaio.

Do 23 de abril ao 10 de setembro

O prazo de recepción de orixinais ábrese este xoves 23 de abril, ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP, e remata o 10 de setembro deste ano. Terán que enviarse ao Concello de Santiago de Compostela (apartado de correos 10. 15.780 Santiago de Compostela) en arquivo dixital editable e en papel, xunto cun sobre pechado identificado mediante lema ou pseudónimo que debe conter os datos da obra e da súa autoría.

O xurando estará composto por cinco persoas representativas do sistema literario galego. O veredicto farase público no mes de decembro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620