Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Jesús López Romalde, reelixido decano de Bioloxía da USC con amplo apoio

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela inicia unha nova etapa centrada na calidade das titulacións, a internacionalización e a mellora da experiencia do estudantado

Jesús López Romalde, reelixido decano da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela
Jesús López Romalde, reelixido decano da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O catedrático da USC Jesús López Romalde acaba de ser reelixido decano da Facultade de Bioloxía por 43 votos a favor e catro en branco. O decano centrarase, nesta nova etapa, en consolidar o traballo realizado nos últimos anos en áreas como a calidade das titulacións, a internacionalización e a optimización e simplificación dos procedementos administrativos, “sempre co obxectivo de mellorar a formación, a experiencia universitaria e as oportunidades do estudantado, eixo principal da actividade académica”, explica.

O programa inclúe tamén o impulso á dinamización da Facultade mediante actividades como cursos de verán, exposicións e encontros abertos, “que contribúan a crear un espazo máis vivo, participativo e conectado coa sociedade”, engade. “Quero seguir construíndo un proxecto colectivo, baseado na proximidade, a escoita e a mellora continua, para consolidar unha Facultade máis atractiva, eficiente e orientada ao futuro”, conclúe.

Traxectoria

Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, conta con máis de 35 anos de traxectoria investigadora centrada na microbioloxía ambiental, a viroloxía e a seguridade alimentaria e da auga. Desenvolveu toda a súa carreira académica na USC, cunha traxectoria sólida recoñecida en investigación, docencia, transferencia e xestión universitaria, onde ocupou cargos como secretario (2006-2010) e director de departamento (2017-2022), director de centro de posgrado (2011), vicerreitor con competencias en profesorado e titulacións (2012-2014) e decano da Facultade de Bioloxía (dende 2022).

É autor de máis de 280 artigos científicos indexados, ademais de 53 capítulos de libro e 6 volumes editados, cunha alta proporción publicados en revistas de primeiro nivel (Q1 e D1), e figura entre o 2% de científicos máis influentes do mundo segundo a Universidade de Stanford. Ademais, liderou e participou en máis de 50 proxectos competitivos nacionais e internacionais, mantendo colaboracións en Europa e América Latina. 

Foi Embaixador en España da Sociedade Americana de Microbioloxía e forma parte da Xunta Directiva de sociedades científicas como International Society for Food and Environmental Virology, a Sociedade Española de Microbioloxía (sendo presidente do seu grupo especializado en Taxonomía ata 2025) ou a Sociedade Española de Viroloxía.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620