Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Certame de Teatro Intercentros celebra a súa 30ª edición con preto de 500 estudantes

Esta edición récord culminará cun acto especial no Teatro Principal para recoñecer a traxectoria do certame e a implicación da comunidade educativa 

A Gala Conmemorativa do 30 aniversario do Certame de Teatro Intercentros celebrarase o 6 de maio ás 17.30 horas no Teatro Principal,
A Gala Conmemorativa do 30 aniversario do Certame de Teatro Intercentros celebrarase o 6 de maio ás 17.30 horas no Teatro Principal,
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A concelleira de Educación, Míriam Louzao presentou este luns o XXX Certame de Teatro Intercentros, acompañada por Sagrario Torrado, representante dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros escolares de Santiago e comarca, e Loli Santos, codirectora do grupo Teatro das Maniotas.

Louzao convidou a cidadanía a asistir a este evento e celebrou que esta é “unha das iniciativas educativas e culturais máis consolidadas de Compostela”, cunha ampla participación.

“A comezo de cada curso constitúense os grupos de teatro e o alumnado crea e trallaba nas obras que quere representar a final de curso”, indicou a concelleira, quen reafirmou o compromiso co certame e valorou o teatro coma “espazo privilexiado” para desenvolver as competencias comunicativas do alumnado e a súa creatividade, así como reforzar o uso ad lingua galega.

Sagrario Torrado lembrou que a primeira edición deste certame naceu no instituto Xelmírez I no curso 95-96, impulsada polo seu director e que ao longo dos anos se mantivo en pé grazas ao compromiso dos equipos de dinamización da lingua galega. Dende 2016, todas as obras do certame se representan no Teatro Principal.

Nesta edición, a participación acada unha cifra récord con preto de 500 actores e actrices de 16 grupos teatrais (6 de secundaria, 9 de primara e un grupo convidado especial).

Loli Santos, codirectora del grupo de teatro escolar Teatro das Maniotas e integrante da organización da gala , manifestou o seu desexo de que os participantes de edicións anteriores acodan tamén a esta gala e destacou a ilusión dos participantes por actuar no Teatro Principal.

O Concello de Santiago de Compostela considera fundamental o apoio a esta iniciativa, entendendo o teatro como unha ferramenta educativa clave nun contexto cada vez máis dixitalizado, no que resulta esencial fortalecer as competencias comunicativas, artísticas e emocionais do alumnado.

Gala conmemorativa o 6 de maio

A organización conta cunha previsión de 3.900 persoas asistentes ao longo das diferentes funcións. O último día das representacións, o 6 de maio, ás 17.30 horas, terá lugar a Gala Conmemorativa do 30 aniversario do certame, un acto especial no que se porá en valor a traxectoria histórica desta iniciativa educativa e cultural e o recoñecemento a todos os centros participantes ao longo das diferentes edicións, como memoria colectiva desta experiencia compartida. Así mesmo, realizarase unha posta en valor das obras presentadas nesta edición polo alumnado de educación primaria e secundaria, culminando cun recoñecemento colectivo á implicación da comunidade educativa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620