Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago reforza a atención ás persoas migrantes ante o proceso de regularización

O Concello amplía o servizo da UAMI coa colaboración do Movemento pola Paz e habilita novos días de atención sen cita previa

O reforzo busca dar resposta ao aumento de consultas e garantir o asesoramento xurídico ás persoas que desexen acollerse ao proceso de regularización
O reforzo busca dar resposta ao aumento de consultas e garantir o asesoramento xurídico ás persoas que desexen acollerse ao proceso de regularización
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O departamento de Dereitos e Servizos Sociais vai reforzar a Unidade Municipal de Atención ás Migracións, diante do aumento das consultas vinculadas ao proceso de regularización de persoas inmigrantes que arrincou onte. Faráo coa colaboración do Movemento pola Paz, que fai parte do rexistro de entidades colaboradoras de estranxeiría para o acompañamento e asesoramento xurídico especializado ás persoas que desexen acollerse a esta regularización.

A UAMI funciona de maneira ordinaria a través da concertación de citas previas, e xa están cubertas todas as prazas dispoñibles para os próximos días. Para as persoas que non teñen cita previa, fixaranse os mércores e os xoves como días de atención, en horario de 9.00 a 13.00 horas, e por orde de chegada. Este reforzo, que comezará o mércores 29, é posible grazas á colaboración do Movemento pola Paz, entidade que fai parte do rexistro do Ministerio. 

O obxectivo é darlle cobertura a toda a demanda existente e garantir que as persoas inmigrantes reciban o informe de vulnerabilidade se o precisan no procedemento de regularización. Neste sentido, o Concello lembra que este informe non é preciso se se achega outra documentación que acredite ter traballado con contrato en España ou contar cunha unidade familiar con fillos menores de idade ou maiores con discapacidade e ascendentes en primeiro grao. Ademais, a UAMI lembra que a solicitude dos informes de vulnerabilidade non se pode realizar nin a través do rexistro nin por e-mail.

Xornada informativa o 24 de abril

Tamén en colaboración co Movemento pola Paz, o Cersia acollerá o próximo 24 de abril unha xornada informativa aberta a todas as persoas inmigrantes que queiran acollerse á regularización. A reunión será a partir das 10.00 horas, co obxectivo de resolver as principais dúbidas sobre o proceso.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620