Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Gumersindo Feijoo, novo director científico do CRETUS da USC

O catedrático de Enxeñaría Química substitúe a María Teresa Moreira tras ser elixido pola Comisión Reitora co aval da Comisión Científica Externa

O profesor Gumersindo Feijoo é catedrático de Enxeñaría Química da USC dende o ano 2008
O profesor Gumersindo Feijoo é catedrático de Enxeñaría Química da USC dende o ano 2008
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O catedrático da Enxeñaría Química da USC Gumersindo Feijoo será o novo director científico do Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS), logo de ser elixido este luns 20 no marco da xuntanza da Comisión Reitora deste centro singular da USC e de ter o apoio da Comisión Científica Externa. O profesor substitúe no cargo a María Teresa Moreira.

O profesor Gumersindo Feijoo é catedrático de Enxeñaría Química da USC dende o ano 2008 logo dun proceso de habilitación nacional celebrado na Universidade Complutense de Madrid. A longo da súa carreira investigadora ten supervisados 32 teses de doutoramento, coa participación en 21 proxectos europeos, 12 proxecto nacionais e 38 contratos de I+D relevantes con empresas. Esta actividade derivou na publicación de máis de 350 artigos científicos indexados no JCR e 9 patentes ou marcas rexistradas (dúas en explotación).

O impacto da súa investigación amósase entre outros indicadores polo número de citas que lle permite ser incluído no denominado ránking de Standord entre o 2% de científicos máis citados do mundo, e na presenza en 156 documentos de planificación estratéxica da Comisión Europeo e outros 20 países como, por exemplo, Alemaña, Australia, Canada, Estados Unidos ou Singapur.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620