Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O iLTIUS celebra o seu primeiro aniversario consolidado como referente investigador na USC

O instituto suma 43 proxectos e convenios con 2,5 millóns de financiamento e máis de 140 publicacións no seu primeiro ano de actividade

De esquerda a dereita, Elsa González, Rosa Crujeiras, Almudena Hospido e María José Alonso Veloso
De esquerda a dereita, Elsa González, Rosa Crujeiras, Almudena Hospido e María José Alonso Veloso
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

“Desde a Reitoría queremos subliñar o valor estratéxico que o iLTIUS representa para a nosa institución. No actual contexto académico e social, marcado pola globalización, pola diversidade cultural e polos procesos de transformación tecnolóxica, resulta esencial contar con estruturas sólidas que permitan abordar estes fenómenos desde o rigor científico e a reflexión crítica”. Con estas verbas se referiu a reitora Rosa M. Crujeiras ao Instituto de Investigacións Lingüísticas e Literarias da USC (iLTIUS) que este venres 17 conmemorou o seu primeiro aniversario de vida cun acto institucional na Facultade de Filoloxía. A reitora, que estivo acompañada pola vicerreitora de Investigación e Ciencia Aberta, Almudena Hospido, reiterou “o noso compromiso de apoiar o iLTIUS, ao seu persoal investigador, para que poida desenvolver todo o seu potencial”.

Na sesión tamén interviñeron Elsa González Álvarez, vicedecana da Facultade de Filoloxía, e María José Alonso Veloso, directora do iLTIUS, quen fixo balance desta primeira anualidade na que o centro tivo activos 43 proxectos e convenios financiados con dous millóns e medio de euros. No período 2025-2026, explicou, os membros deste instituto da USC asinaron un total de 148 publicacións, das que máis de 60 son artigos en revistas científicas.

Un ano do iLTIUS en cifras

Durante o breve período correspondente ao primeiro ano, estiveron ou están en execución 38 proxectos (europeos, estatais e autonómicos), así como 5 convenios e contratos, que supoñen en conxunto dous millóns e medio de euros de financiamento competitivo captado. Nese período os membros do Instituto asinaron 148 publicacións, das cales máis de 60 son artigos de revista; defenderon 10 teses de doutoramento; organizaron máis de 30 actividades científicas; realizaron 11 estadías de investigación, 10 delas no estranxeiro; e tutelaron 21 contratos competitivos, predoutorais e posdoutorais.

Como mostra da calidade científica da súa actividade, a profesora Alonso Veloso lembrou que “o mes pasado coñeciamos a noticia de que o ránking QS sitúa a USC entre as mellores universidades do mundo nun total de 22 áreas temáticas”. Non por casualidade, sinalou, algunhas das destacadas están representadas pola investigación que se fai no iLTIUS: Lingüística (no tramo 101-150), Lingua inglesa e literatura (no 201-250), e Linguas modernas no posto 301-350. “Cómpre lembrar que o feito de situarse por riba do limiar 350 dese prestixioso e exclusivo ránking supón un recoñecemento incontestable entre as 1.501 institucións avaliadas”, dixo. O iLTIUS é o resultado da suma do “traballo excelente” realizado durante décadas polos grupos e os investigadores que o configuran, asegurou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620