Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As Fontiñas gañan 40 novos bancos para reforzar os espazos de estancia no barrio

O Concello amplía as áreas de socialización mediante a recuperación e redistribución de equipamento urbano existente

Esta intervención permite ampliar os espazos de estancia e socialización para a veciñanza
Esta intervención permite ampliar os espazos de estancia e socialización para a veciñanza
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O barrio das Fontiñas conta xa con 40 novos bancos tras os traballos de reforma e aproveitamento de elementos urbanos previamente existentes levados a cabo polo Concello de Santiago. A intervención permite ampliar os espazos de estancia e convivencia dispoñibles para a veciñanza, reforzando o uso social do espazo público en distintos puntos da zona.

Os traballos, executados polo departamento de Parques e Xardíns que xestiona o concelleiro Xesús Domínguez, desenvolvéronse de maneira distribuída por todo o barrio, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a presenza de áreas de descanso.

En concreto, instaláronse novos bancos na área axardinada situada entre a avenida de Lugo e a rúa de Berlín, detrás dos xulgados; no parque infantil da rúa de Lisboa; ao longo das rúas de Madrid, Luxemburgo e Estocolmo; no tramo máis alto da rúa de Roma; e tamén no miradoiro e no paseo do parque de Carlomagno.

Segundo o Concello, esta actuación contribúe a optimizar recursos existentes ao tempo que incrementa as zonas destinadas á estancia e á socialización, favorecendo o uso diario destes espazos por parte da cidadanía.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620