Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados gaña proxección na Feira de Boloña

As gañadoras da última edición, Arianna Squilloni e Raquel Catalina, participan no principal encontro mundial do libro infantil e xuvenil

A presenza na feira internacional serve para difundir os títulos premiados e a convocatoria do certame, cuxo prazo de participación permanece aberto ata o 15 de maio de 2026
A presenza na feira internacional serve para difundir os títulos premiados e a convocatoria do certame, cuxo prazo de participación permanece aberto ata o 15 de maio de 2026
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

As autoras gañadoras do XVIII Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados, Arianna Squilloni e Raquel Cataliña, participan na 63ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil na cidade italiana de Boloña, que se está a celebrar do 13 ao 16 de abril. Nela participan tamén outros autores de edicións anteriores deste premio que convoca o Concello de Santiago em colaboración con Kalandraka Editora.

Arianna Squilloni e Raquel Cataliña asinaron exemplares da súa obra 'Grande e pequena' na xornada inaugural da Feira, onde Kalandraka participa un ano máis cun stand propio e amosa os diferentes premios Compostela e os títulos máis recentes da súa produción editorial.

A Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña está considerada como o encontro internacional de maior relevancia no mundo literario infantil e xuvenil. Así, na pasada edición contou coa participación de 1.577 expositores de 95 países e más de 33.300 visitantes. Nesta edición, amplía a súa oferta principal a través dun programa de conferencias, exposicións e formación para o sector editorial en xeral.  

'Grande e pequena', última gañadora do Premio Compostela

Entre os títulos máis destacados do stand da editorial galega figura 'Grande e pequena', que aborda a vida, dende a infancia ata a vellez, dunha muller curiosa e creadora, libre e empoderada, sensible e auténtica; unha apaixonante viaxe dende a súa casa natal no bosque ata a cidade, e de volta ás súas orixes. Arianna Squilloni creou unha historia de fondo calado poético, emotiva, evocadora e con carácter poliédrico: a vida, a memoria como sanación, o paso do tempo, a soidade elixida, a natureza, o fogar, a resiliencia… son algúns dos aspectos que emerxen deste relato.

As ilustracións de Raquel Catalina envolven as páxinas deste libro nunha atmosfera cambiante que vai dende a calidez dos escenarios domésticos á frescura dos espazos abertos. Son imaxes de gran lirismo e expresividade, cun uso contido da cor que contrasta co tratamento do branco e negro.

Participación de autores de outras edicións

Pola Feira de Boloña, pasan  tamén estes días a autora e ilustradora catalá Maria Girón ('Bim Bam Bum', distinguido co XVII Premio Internacional Compostela 2024), o autor e ilustrador italiano Tobias Giacomazzi (autor de 'Quero andar sen rodiñas!', finalista do XVII Premio Internacional Compostela), a autora e ilustradora arxentina Natalia Colombo ('Cerca', I Premio Internacional Compostela 2008 e membro do xurado da XVII edición), Fran Pintadera (autor de 'Cándido e os demais', gañador do XI Premio Internacional Compostela 2018) ou a autora e ilustradora italiana Arianna Papini ('Que che gustaría ser?', finalista do IV Premio Compostela 2011 e membro do xurado da XI edición do certame), entre outros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620