Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Jesús Sanmartín Matalobos, reelixido decano da Facultade de Química da USC

O catedrático aposta por mellorar infraestruturas, xestión administrativa e titulacións no novo mandato

O profesor foi reelixido con ampla maioría e continuará á fronte do centro cun proxecto baseado na modernización das instalacións e na optimización do funcionamento académico
O profesor foi reelixido con ampla maioría e continuará á fronte do centro cun proxecto baseado na modernización das instalacións e na optimización do funcionamento académico
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O catedrático da área de Química Inorgánica Jesús Sanmartín Matalobos repetirá como decano da Facultade de Química logo de ser reelixido nas eleccións que se desenvolveron este xoves 16 con 44 votos  favor e cinco en branco. Sanmartín Matalobos asentará o seu mandato en tres eixos: infraestruturas, administración e titulacións.

No relativo ao primeiro ámbito, o profesor Sanmartín poñerá o foco na rehabilitación do centro, así como na reparación, ampliación e mellora da infraestrutura. A xestión de procedementos será outro dos seus eidos de actuación a prol de acadar unha maior eficiencia organizativa e mellor atención do estudantado. Finalmente, o decano proseguirá o seu labor de mellora das titulacións do centro. Para o profesor, o seu proxecto baséase no diálogo, consenso, transparencia, traballo, compromiso e experiencia.

Traxectoria

Jesús Sanmartín Matalobos é doutor en Farmacia pola USC e desenvolve a súa carreira académica no Departamento de Química Inorgánica, onde ingresou en 1994 e onde acadou a cátedra en 2025. Foi secretario académico da Facultade de Química entre 2014 e 2022 e exerce como decano desde ese ano.

A súa traxectoria investigadora inclúe máis de 150 publicacións científicas e unha ampla participación en congresos, centrada en ámbitos como o magnetismo molecular, a química supramolecular ou a bioquímica inorgánica. Participou en proxectos de investigación a nivel internacional, estatal e autonómico, e tamén colaborou co sector empresarial.

Coordina o grupo de investigación en Coordinación e Química Supramolecular da USC, no que dirixiu varias teses de mestrado e doutoramento. Ademais, forma parte do equipo editorial da revista científica 'Crystals', onde exerce como editor xefe dunha das súas seccións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620